Nota de prensa
A delegación do PPdeLugo no congreso nacional de Sevilla estará conformada por medio cento de persoas
• O presidente provincial, durante unha reunión da xunta directiva provincial á que asistiu Alberto Núñez Feijoo, instou ós representantes populares “a facerse merecedores da confianza que os cidadáns depositaron neles”
Lugo, a 22 de decembro de 2011.- A xunta directiva provincial do Partido Popular de Lugo celebrou esta tarde unha reunión ordinaria na que, entre outros asuntos, se deu conta do número de compromisarios que conformarán a delegación lucense no XVII congreso nacional que se celebrará en Sevilla entre o 17 e o 19 de vindeiro mes de febreiro.
En concreto, a delegación do PPdeLugo estará integrada por 49 persoas. Sete deses postos estarán reservados para os membros natos: os tres senadores e os tres deputados nacionais con que conta á formación tras as últimas eleccións nacionais, así como o presidente fundador Manuel Fraga, quen mantén a súa afiliación na provincia de Lugo.
Os 42 membros restantes, dos que un corresponderá a Novas Xeracións, distribuiranse por concellos, en función do número de afiliados e da porcentaxe de voto acadada nos últimos comicios xerais.
No encontro, ó que asistiu o presidente do PPdeG Alberto Núñez Feijoo, o presidente provincial José Manuel Barreiro tamén deu conta dos resultados electorais do pasado 20-N.
Neste senso Barreiro reiterou que os “excelentes” resultados acadados, “que confirman a tendencia a alza experimentada polo PPdeLugo nas recentes citas electorais”, son froito do “compromiso e do traballo tenaz” realizado “por todos”. A este respecto fixo especial mención á “entrega” amosada polos afiliados, recalcando que “son o motor que fixo posible estes resultados”.
O presidente provincial tamén instou a todos os cargos electos e orgánicos da formación a “aplicarse a fondo para estar á altura das circunstancias e non defraudar as expectativas postas en nós pola cidadanía”.






















Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xoves dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



