Nota de prensa
Bo fin de semana para o futbol base do C.D.Foz, pois os tres equipos gañaron os seus encontros.Asi os INFANTIS golearon no Martinez Otero o Sarria por 7-0, e seguen encumbrados na cima da tabla clasificatoria.Pola sua parte os CADETES gañaron en Lugo ante o Residenia B por un contundente 1-7 e seguen segundos na clasificación en postos de ascenso.
Os dous equipos de Burunda estan a facer unha tempada magnifica. E os XUVENIS gañaron tamen o seu encontro no Municipal de Malates ante o Viveiro-B por 2-1 ,nun partido mui disputado, non obstante ,seguen polos postos baixos da tabla clasificatoria.A seguir asi e Aupa Foz Aupa.
Na foto o equipo Infantil que goleou o Sarria por 7-0