RIBADEO (FNC) .- Sen acordos rematou a xunta de voceiros desta tarde. O alcalde, Fernando Suárez, explicou que “non se chegou a ningunha solución alternativa e polo tanto segue en vigor o que sempre estivo en vigor que é a aplicación da norma. Unha norma que foi creada en 1998 sendo aprobada e ratificada ano tras ano cos incrementos do IPC”. O rexedor entende “que a postura da oposición poida ser máis tranquila, pero nós somos goberno e temos que dar determinados pasos porque o tempo están correndo e nós non nos podemos quedar quietos a este respecto”.
Suárez Barcia asinou “unha serie de decretos que recibirán nos vindeiros días os vendedores ambulantes que se instalan no mercado de Ribadeo. Ese decreto renóvalles a aqueles que teñen presentada a documentación completa correspondente ao 2009, renóvalles a autorización administrativa para seguir montando no mercado semanal. Dito decreto pídelles documentación aos que a teñen incompleta para que poidan subsanala e así operar no mercado de Ribadeo neste ano e hai unha parte que é a máis importante á que segundo o artigo 23 da ordenanza vixente se lle abre un expediente contraditorio con carácter previo por incumprimento de obrigas, fundamentalmente de pagos, o que daría lugar se non actualizan as débedas co Concello á extinción da autorización administrativa para poderse instalar en Ribadeo durante o 2009”.
O rexedor engade que “se abrirá un período de tempo, quince días a partires da recepción dos decretos, para que poidan presentar alegacións, pero se non satisfan as débedas pendentes, segundo a ordenanza, non se poderán instalar durante este 2009 e non se lles renovará a autorización por un período de tempo importante”.























O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.