Nota de prensa:
A Lei 5do patrimonio de Galicia permite a cesión de bens mobles da Comunidade Autónoma sempre que se dediquen a fins de utilidade pública ou interese social
A CONSELLERÍA DO MAR CEDE AO CONCELLO DE CERVO O GUINDASTRE DO PORTO DE SAN CIPRIÁN
O departamento que dirixe Rosa Quintana dá resposta deste xeito a unha petición capitaneada polos socios do Club Náutico da localidade.
Santiago, 28 de febreiro de 2012.- O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro, amosou a súa satisfacción despois de coñecerse a decisión da Consellería do Mar de ceder a favor do Concello de Cervo o guindastre hidráulico do porto de San Ciprián (Lugo).
O parlamentario lembrou que a Xunta dá resposta, deste xeito, a unha reivindicación dos usuarios destas instalacións portuarias e, máis en concreto, dos socios do club náutico de San Ciprián que pese á súa recente constitución, xa supera os 160 de integrantes.
A Lei 5do patrimonio de Galicia, permite a cesión de bens mobles da Comunidade Autónoma sempre que se dediquen a fins de utilidade pública ou interese social. Neste caso a Consellería do Mar cede á administración municipal de Cervo este aparato e a maquinaria complementaria de cara a que poida ser empregada para a realización de actividades de varada de embarcacións pesqueiras neste porto e a outros servizos complementarios que poidan xurdir.
CARACTERÍSTICAS
Trátase dun guindastre telescópico non pregable de funcionamento hidráulico para varada de embarcacións (capacidade 10 toneladas a 5 metros do eixo). Inclúe un cabrestante hidráulico con freo, limitador de tiro, polea de reenvío 6.100-10.000 kg e contrapeso, instalado. A cesión tamén inclúe unha central electrohidráulica anexa e o equipo de radiocontrol, e dúas eslingas para 6 toneladas e 14 metros de lonxitude.
















José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



