Nota de prensa:
O PLAN DE BANDA LARGA-PLAN AVANZA EN XOVE
Hoxe luns e mañá martes 6 de marzo, en horario ininterrompido de 11:00 a 19:00 horas, o PLAN DE BANDA LARGA-PLAN AVANZA vai ser presentado aos veciños do Concello de Xove. Trátase dun Plan da empresa MOVISTAR, sobretodo para o medio rural, que conta coa colaboración do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio e da Xunta de Galicia.
A tal fin desprazouse ata Xove, ubicándose na Praza do Centro Cívico, un camión da Empresa Movistar co fin de presentarlles aos veciños do noso Concello o PLAN DE BANDA LARGA DA XUNTA. Ao mesmo tempo, as persoas que se acheguen a coñecer este Plan, ademais da información que van recibir por parte de especialistas, van poder participar nun xogo e recibir distintos agasallos.
Por parte da Xunta preténdese a implantación de servizos avanzados de telecomunicacións en todo o territorio galego, incidindo especialmente nas comunicacións nas zonas rurais e ailladas, co fin de lograr unha maior cohesión territorial.






















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



