Nota de prensa
A ÁREA DE CULTURA DA DEPUTACIÓN CONVERTE O MUSEO DO MAR DE SAN CIBRAO EN SEDE DA MOSTRA DE CINE DO FESTIVAL EUROÁRABE AMAL
Esta mostra desenvolverase en catro xornadas, do 20 ao 23 de marzo, nas que se exporán pezas cinematográficas producidas na rexión do Magreb
Antonio Veiga indicou que “con este tipo de iniciativas a Área de Cultura pretende descentralizar actividades e potenciar as comarcas da provincia, neste caso A Mariña”
Lugo, 19 de marzo de 2012. O Museo Provincial do Mar de San Cibrao acollerá desde mañá día 20 ata o venres 23, unha mostra de cine na que se exporán pezas cinematográficas producidas na rexión do Magreb e que forman parte das máis recentes edicións do Festival Euroárabe Amal, baixo o título “Mozos e Mozas”. Esta mostra foi presentada o pasado 15 de marzo na sala multiusos do Museo de Lugo, por Mario Outeiro, delegado de Cultura e Turismo da Deputación e polo director do festival, Ghaleb Jaber Martínez. Tamén haberá mostras nos demais museos da Rede Museística Provincial.
Esta mostra levarase a cabo en catro xornadas, do 20 ao 23 de marzo, todas elas ás 19.00 horas, nas que se proxectarán as seguintes pezas cinematográficas, dentro das que se inclúen curtametraxes, películas, documentais e pezas de ficción, gravadas na súa maioría na rexión do Magreb: Warda, Hudud, Mi humilde historia, Mudo, Garagouz, Hiyab, Khalid, El vendedor de pañuelos, Prohibido el paso, e Shooting mohammed. Con esta mostra, desde a organización pretenden ofrecer unha instantánea sobre o Magreb con coproducións de Marrocos, Arxelia, e Túnez, presentadas nas tres últimas edicións do Festival Amal.
Con este tipo de iniciativas a fundación Araguaney pretende abrir unha porta de colaboración con todas as entidades e institucións que teñan como obxectivo común o diálogo intercultural, ó mesmo tempo que difunde o cine árabe e concilia diferentes culturas. As mostras Amal ofrecen a oportunidade de acercar aos espectadores a un cine difícil de ver nas salas de distribución comerciais.
Antonio Veiga indicou que “desde a Área de Cultura da Deputación é un pracer poder colaborar cun proxecto que pretende achegar o cinema doutros países que dificilmente se podería ver aquí se non é grazas a iniciativas deste tipo, polo que desde un primeiro momento acollemos a proposta e mantivemos unha colaboración para que esta mostra de cine, dentro do festival Amal, chegase á provincia de Lugo”. “Ademais disto, con este tipo de iniciativas desde a Área de Cultura da Deputación temos a vontade de fomentar a descentralización de actividades, de maneira que non se concentren todas na cidade de Lugo, potenciando a vitalidade doutras comarcas da provincia, como é o caso da Mariña”.






















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



