Liga Nacional de Billarda >> PLAY OFF NACIONAL 2012 !!
ESTE DOMINGO 27 DE MAIO A GRAN SERPE MULTICOR DA LNB INVADIRÁ DENDE POLA MAÑÁN Ó LUSCO E FUSCO O XÁ MÍTICO ESTADIO CON CAMPO DE TERRA DE CONXO ( COMPOSTELA ) . O TEU PALÁN , O TEU ALENTO E PULSO FIRME SON NECESARIOS POLO QUE ESTEÑAS DONDE ESTEÑAS E FAIGAS O QUE FAIGAS CONTAMOS CONTIGO PARA IMPULSAR E DIFUNDIR ISTA PODEROSA ACCIÓN TOTALMENTE AUTOXESTIONADA POLA Liga Nacional de Billarda para despois de toda unha tempada de accións conxuntas por todo o país adiante vestir ó Coroceir@ Nacional nunha impactante e alebrestrada ceremonia.
– sesión de maña:
11:30 : final nacional feminina
12:30 : final nacional por equipas
xantar a pé de pista
( picnic billardeiro pola soberanía alimentar )
-entregarase tamén a Lingua de Xato pertancente ó explosivo concurso jingles Radio Musica en Galego -LNB
– sesión de tarde:
16:30 : final nacional de varados
17:30 : final nacional absoluta ( saque de honra polo ciclista galego Ezequiel Mosquera )
MOITO MÁIS CA UN DEPORTE , A LNB DE XEITO PARALELO ÁS FINAIS NACIONAIS ACTIVARÁ UN DELIRANTE ABANO DE ACTIVIDADES PARALELAS CONDUCIDAS POLOS ANTI-COMUNICADORES DE RADIO CABALINHO , A INCLASIFICÁBEL EMISORA OFICIAL QUE TRANSMITIRÁ AS FINAIS A PÉ DE PISTA COMBINANDO NA SÚA DELIRANTE EMISIÓN A MELLOR E MÁIS RABIOSA MÚSICA GALEGA COS DIPAROS A DISCRECIÓN DOS PALANADORES E PALANADORAS NA PISTA NISTA GRAN MUIÑADA BILLARDEIRA DE CONXO…Billarda Sempre , ADIANTE PLAY OFF NACIONAL!!
http://ovaral.blogspot.com
facebook O Varal >> http://www.facebook.com/profile.php?id=100002445023094&ref=ts
twitter – hashtad oficial do Play Off Nacional >> #finaislnb2012





















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 
