O pasado martes 29 tivo lugar en Ribadeo unha mesa redonda-debate para informar sobre as
fumigacións dos eucaliptais na comarca. Foi convocada pola Asamblea do 15M da Mariña lucense-
Occidente asturiano e, como poñentes da mesma, participaron unha enxeñeira forestal, un
veterinario e un técnico de medio ambiente. Así mesmo, asistiron persoas pertencenteas aos
colectivos que forman parte de Plataforma Fumigacións Non (http://fumigacionsnon.org/) na
comarca da Mariña: Sindicato Labrego Galego, Amarante, 15M, abelleiros, labregas, etc.
Igualmente, acudiron como público unha persoa do equipo de goberno do Concello de Ribadeo e
outra pertencente a Promariba.
Desde a Asemblea 15M invitárase a participar tamén á Consellería de Medio Rural pero ninguén se
presentou pola parte deste organismo.
Durante a mesa redonda explicouse como a Consellería de Medio Rural e ASPAPEL están a
promover as fumigacións aéreas de eucalipto con flufenoxurón, un produto cuxa comercialización
estará prohibida desde o 1 de agosto de 2012 por tratarse de un produto persistente, bioacumulable e
tóxico. En principio, a fumigación pretende eliminar o goniptero, praga até agora manexada a través
dun control biolóxico con Anaphes nitens. Ao ser o flufenoxurón un pesticida de amplo espectro,
non so eliminaría ao goniptero senón tamén a este depredador seu (ademais de a calquera outro
insecto como as abellas, de vital importancia para a agricultura). Dado que o goniptero non poderá
ser completamente eliminado polo flufenoxurón, cando rexorda, o seu parásito terá sido eliminado,
de modo que o seu control será moito máis complicado. A realidade é que entre a necesaria
reconsideración das plantacións de eucalipto como monocultivo e a fumigación con flufenoxurón
existen unha variedade de opcións para esta praga, das cales a peor é a elexida por Aspapael e a
Xunta. Polo produto escollido, polo método, tamén prohibido pola Unión Europea e porque desde
algunhas asociacións parece que a recomendación recibida foi a de fumigar mesmo fincas onde non
se teña autorizado se estas quedaran inmersas nun conxunto de outras nas que si están. O ideal sería
continuar co manexo biolóxico, controlando moi ben as distintas parcelas, introducindo máis
parásitos alí onde se estime necesario e, se fose preciso fumigar, facelo por medios terrestres e
únicamente nas parcelas afectadas por unha concentracón de goniptero inmanexable por outros
medios, e sempre con produtos que non teñan sido prohibidos pola sua toxicidade.
Despois da presentación abriuse un interesante debate entre todas as persoas asistentes ao mesmo,
no que tivo especial protagonismo a búsqueda de ideas sobre como sensibilizar aos propietarios de
montes e á poboación en xeral sobre os riscos para a saúde e o medio ambiente que van supor estas
fumigacións


















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



