http://www.youtube.com/watch?v=KRaybQd0zVoBURELA .- A Biblioteca do IES Perdouro acollerá ás 11:15 horas de mañá xoves, día 12 de marzo, o acto de entrega de copia de toda a documentación xerada polo Modelo Burela de Planificación Lingüística á Asociación de Veciños “O VECELLO” de Burela. No acto participarán representantes de todas as forzas políticas representadas no Concello de Burela, así como os integrantes do Proxecto de Innovación Educativa deste centro de ensino. Seguidamente, representantes do Instituto Perdouro e da asociación veciñal procederán ao envío doutras copias da documentación ao Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CDSG) e á Universidade da Coruña, entidades que as tiñan solicitado.
O Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CDSG), integrado no Consello da Cultura Galega, que ten entre os seus obxectivos a compilación, clasificación e difusión de todo tipo de documentos e publicacións que teñan que ver coa normalización das linguas minorizadas, dirixiuse ao IEs PErdouro solicitando “copia de toda aquela documentación sociolingüística que xeran as actividades de dinamización programadas por ese centro educativo”. Tras poñer a disposición en liña desde a súa páxina (culturagalega.org/avg), para público de todo o mundo, o documental Modelo Burela, o CDSG desexa terá nos seus fondos tres exemplares do DVD, o número mínimo para garantir o servizo de préstamo aos usuarios.
Da mesma maneira a Universidade da Coruña, por indicación do profesor Celso Álvarez Cáccamo (da área de sociolingüística), tamén solicitou ao IES PErdouro copias do material relacionado coa planificación lingüística que está sendo implementada na localidade burelesa.
Máis información en Vieiros





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



