A SECRETARIA XERAL DA IGUALDADE RECIBE Á DIRECTIVA DA ASOCIACIÓN DE EMPRESARIAS DE LUGO
A asociación vai contribuir á difusión do programa Emega para o fomento do emprendimento feminino, publicado no DOG o pasado 22 de maio
O vindeiro 14 de xuño, Igualdade organiza en Lugo unha xuntanza informativa con asociacións da provincia para presentar esta liña de axudas dotada con 665.000 euros, aos que as emprendedoras poden optar a través das liñas denominadas ‘emprende’,’ innova’, ‘activa’ e ‘concilia’
Santiago, 31 de maio de 2012.- A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, celebrou esta mañá unha xuntanza no seu despacho cunha representación da Asociación de Empresarias de Lugo, AELU, encabezada pola súa presidenta, Beatriz Varela. No encontro analizáronse as políticas desenvolvidas por Igualdade para estimular o emprendemento feminino en Galicia, que teñen o seu principal expoñente no programa Emega, unha iniciativa que este ano incorpora algunhas novidades, tal e como destacou na xuntanza a titular de Igualdade.
O programa Emega, cuxa convocatoria anual foi publicada no DOG o pasado 22 de maio, conta cunha dotación económica para este exercicio de 665.000 euros, que establece axudas estruturadas en catro tipoloxías, denominadas emprende, innova, activa e concilia. A liña emprende está pensada para estimular a posta en marcha de iniciativas empresariais e a creación de emprego feminino por conta propia e allea; innova para promover a realización de melloras innovadoras nas empresas lideradas por mulleres que conleven a creación de emprego feminino e activa para favorecer a reactivación e consolidación de empresas mediante a renovación, relanzamento, ampliación ou cambio de localización da actividade
A liña concilia supón a principal novidade na convocatoria deste ano e está dirixida ás empresas nas que mediante acordos, convenios ou contratos de teletraballo, se implementen novos sistemas de organización que conleven flexibilidade no uso dos tempos e ás empresas perceptoras das liñas emprende, innova ou activa nas que haxa promotoras con fillos ou fillas menores de tres anos, ao obxecto de favorecer o exercicio profesional coa maternidade en idades temperás.
Prazo ata 22 de xuño
No trascurso do encontro, ambas as partes coincidiron na oportunidade de intensificar a difusión desta liña de axudas na provincia de Lugo, tendo en consideración que dos 82 proxectos empresariais subvencionados na convocatoria de 2011, somentes 3 eran da provincia lucense.
Para iso, AELU comprometeuse a contribuir na difusión do programa Emega e, pola súa banda, a Secretaria Xeral da Igualdade vai celebrar unha xuntanza o vindeiro día 14 en Lugo dirixida a empresarias e emprendedoras, ao obxecto de que coñezan de primeira man este programa e poidan valorar a oportunidade de acollerse a esta liña de axudas.
As persoas interesadas dispoñen de prazo ata o 22 de xuño para presentar as súas solicitudes a esta convocatoria de axudas, cuxa contía oscila en función dos postos de traballo creados e a natureza das medidas adoptadas, ata sumar un tope de 30.000 euros por empresa beneficiaria.












Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



