Este pasado xoves, día 31 de maio, o programa Parolando organizou un coloquio sobre o que significa a vida de camioneiro. Visitaron o noso estudo en Ferreira Andrés Vidal, Danie Díaz e Lorena Losada (camioneiros) e Maricarmen Sixto, profesora da autoescola Ouroval. Tamén se realizaron dúas entrevistas durante o programa: en primeiro lugar Matías Nicieza entrevistou ó escritor de Ferreira Arturo Mogo, residente actualmente en Ribadeo, mentres que Sabela Quirós, na sección de Xuventude, entrevistou a Liseth Arellano, Patricia Arellano, Andrea Chao, Cristina Basanta e Martín Soto, alumnos da Facultade de Belas Artes en Pontevedra, que teñen obras expostas no CENIMA de Foz, exposición titulada “Déixame FozArte”











No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



