Jose Manuel Balseiro di que os grupos da oposición non están á altura da importancia do debate sobre o futuro do sector marítimo-pesqueiro e lamenta que socialistas e nacionalistas non queiran contribuír a elaborar unha posición común en defensa dos intereses de Galicia
O PARLAMENTO APROBA A PROPOSTA DE DITAME SOBRE ASPECTOS CLAVE DE GALICIA ANTE A REFORMA DA POLÍTICA PESQUEIRA COMÚN E A TRASLADA AO CONSELLO GALEGO DE PESCA
A intransixencia do BNG e a negativa do PSOE a deixar en evidencia aos nacionalistas fixo imposible o acordo unánime sobre un documento pese a estar consensuado en máis dun 90% do seu contido
O Parlamento asumiu a proposta defendida polo PP sobre aspectos clave para Galicia ante a reforma da Política Pesqueira Común
Santiago, 13 de xuño de 2012.- O Parlamento galego asumiu a proposta de ditame –defendida polo Grupo Parlamentario Popular- sobre aspectos clave para Galicia ante a reforma da Política Pesqueira Común. O documento aprobado pola Cámara será remtido agora ao Consello Galego de Pesca –máximo órgano de consulta do sector pesqueiro, marisqueiro e acuícola galego- para o seu debate e aprobación definitiva.
Ao finalizar todo o proceso será posible contar cunha serie de propostas, incluídas nun documento–avalado polo Parlamento de Galicia e polo sector- “que levará recollidos as demandas, inquedanzas e arelas de futuro das nosas xentes do mar, do noso tecido industrial pesqueiro, das nosas asociacións e formacións sociais” explicou Balserio. E unha vez rematado tócanos “darlle curso ás nosas pretensións diante das institucións europeas, argumentando a nosa potencia pesqueira, a de Galicia, en forma de palabras e apuntalando o desexo de que nos manteñamos fortes hoxe, mañana, no futuro”.
O documento aprobado defende, entre outras cuestións, o necesario equilibrio dos aspectos social, económico e da sustentabilidade ambiental nos aspectos que recolla a futura normativa, a flexibilización do obxectivo de Rendemento Máximo Sostible, a articulación de medidas de axuda e apoio nas políticas de minoración de descartes, a introdución das concesións de pesca transferibles (salvo para a pesca artesanal), a derrogación da estabilidade relativa, o reforzo do papel dos Consellos Consultivos Rexionais, a mellora do fondo europeo de pesca e da estrutura de mercados pesqueiros e a identificación e recoñecemento das especificidades da flota costeira artesanal e do marisqueo galego
PSOE E BNG DE COSTAS AO SECTOR
O voceiro do Mar dos popualres galegos sinalou que a intransixencia do BNG e a negativa do PSOE a deixar en evidencia aos nacionalistas fixo imposible o acordo unánime sobre un documento pese a estar consensuado en máis dun 90% do seu contido. De feito os tres grupos políticos con representación na Cámara galega traballaban xunto coa Consellería do Medio Rural e do Mar nun ditame conxunto cuxa última versión foi a que se someteu ao parecer do Pleno do Parlamento e resultou finalmente aprobada.
Jose Manuel Balseiro, lamentou que os grupos da oposicion non estiveran á altura da importancia dun debate –sobre a nova normativa europea- básico para o futuro do sector marítimo-pesqueiro. Na mesma liña censurou que socialistas e nacionalistas non queiran contribuír a elaborar unha posición común en defensa dos intereses de Galicia e “moito máis aínda que disfracen a súa falta de apoio con falsos pretextos formais e mentiras a súa nula vontade de chegar a un consenso”.
Segundo conclúe o portavoz do Mar “cando toca á hora da verdade PSOE e BNG dan ás costas ao sector” e o fan, “diante do que é, quizás, o debate más trascendental para o futuro das xentes do mar dos que teñen previsto formularse no futuro na Unión Europea”















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



