A portavoz na materia, Emma Álvarez Chao, criticou á oposición por querer “meter pola porta de atrás os artigos do anteproxecto de lei do bipartito non recollidos nesta nova norma”
O GRUPO POPULAR SALIENTA QUE A NOVA LEI DE MONTES DOTA A GALICIA DUN MARCO NORMATIVO PROPIO E ESTABLE PARA DESENVOLVER O SECTOR FORESTAL
Álvarez Chao asegura que coa nova norma “faise compatible o desenvolvemento do monte con outras actividades, baixo o equilibrio dos tres piares que marcan a xestión forestal sostible: o económico, o social e o ambiental”
Santiago, 26 de xuño de 2012.- “Por primeira vez, Galicia contará cun marco normativo propio e estable no tempo para desenvolver o sector forestal galego, facendo compatible con outras actividades que se desenvolven no monte baixo o equilibrio dos tres piares que marcan a xestión forestal sostible: o económico, o social e o ambiental”. Deste xeito referiuse esta mañá no Parlamento á nova Lei de Montes de Galicia a portavoz do Grupo Popular nesta materia, Emma Álvarez Chao, quen criticou á oposición por querer “meter pola porta de atrás os artigos do anteproxecto de lei do bipartito non recollidos nesta nova norma, posto que máis do 40 por cento das emendas que presentaron foron copia literal dos artigos daquel proxecto do Goberno bipartito”.
Álvarez Chao sinalou que “estamos ante un proxecto de lei que foi tramitado sempre baixo a premisa de acadar o maior consenso posible ao longo de toda a súa tramitación”. Neste sentido, recordou que o texto parte do anteproxecto redactado no 2005 e polo anterior Goberno bipartito, ao que se incorporaron 99 achegas dos grupos parlamentarios da oposición e as aportacións das organizacións que compoñen o Consello Forestal de Galicia que modificaron máis do 75 por cento dos artigos iniciais.
“Este grupo parlamentario non quere unha Lei de Montes perdida, unha lei debuxada por uns poucos, que é precisamente o que queren desde a oposición: ou aprobamos o borrador da lei de Montes do bipartito ou se deixan levar polo rancor e as teimas partidistas para opoñerse frontalmente ao traballo do Goberno e do sector, en definitiva, para oporse aos que pensan diferente”, indicou.
Emma Álvarez recordou que “desde o primeiro momento tivemos clara a nula falta de disposición dos grupos da oposición por facer achegas a este proxecto” e apuntou que “as diferenzas máis notables baséanse na reforestación de terreos agrícolas e nas distancias das franxas de protección en materia de prevención de incendios, onde incluimos a potestade aos concellos para ampliar ata 50 metros estes espazos”.
“Mantemos a man aberta para chegar a acordos e demostrarlle ao sector que estamos por riba das loitas partidistas garantindo futuro ao noso monte para ordenalo, xestionalo e poñelo en valor, do contrario o anuncio feito dun acordo polo monte feito polos socialistas é unha falla de respecto e unha burla ao sector”, manifestou.
IMPLICACIÓN DE PROPIETARIOS PÚBLICOS E PRIVADOS
No tocante á ordenación do monte, a portavoz popular subliñou que “por primeira vez esta lei implica aos propietarios públicos e privados en tarefas de prevención e de conservación da riqueza forestal, de tal xeito que establece a obriga de reinvestir unha porcentaxe dos ingresos que xera o monte para a xestión forestal do mesmo, creando por primeira vez un fondo público de melloras específico no caso dos montes públicos e de xestión pública”.
Así mesmo, engadiu que “a nova norma establece medidas directas para a conservación e mellora dos ecosistemas forestais de grande valor, como as masas forestais caducifolias; e regula as distancias que se deben respectar nas plantacións forestais, clarificando o actual marco normativo dando resposta a unha demanda que propietarios e empresas viñan solicitando desde hai moitos anos”.
Emma Álvarez tamén salientou a loita contra o minifundismo que supón a nova Lei de Montes, incentivando as agrupacións voluntarias de parcelas forestais para, sen perder a propiedade, facer unha xestión conxunta; ou limitando a posibilidade de segregar parcelas forestais por debaixo das 15 hectáreas.
“Esta lei recolle máis facilidades para pasar de forestal a agrícola o uso do terreo que á inversa”, manifestou a portavoz popular, quen explicou que o propietario dunha parcela inferior a 15 hectáreas de monte con matogueiras, pinos ou eucaliptos poderá cambiar a actividade a outra de carácter agrícola con só comunicalo á Xunta.
No caso de pasar de terreo agrícola a forestal, Álvarez Chao puntualizou que “deben darse tres condicionantes: que sexan terreos abandonados, que estean inscritos a un banco de terras agrarias por un tempo de dous anos e só neste caso se poden plantar se lindan con terreos forestais ou constitúen un enclave agrícola de ata cinco hectáreas en superficie arborada”. Ademais, gracias a unha emenda do Grupo Popular, “so se poderá repoboar con frondosas caducifolias”.
MODIFICACIÓN DA LEI DE MONTES
A portavoz popular anotou que a nova Lei de Montes “tamén modifica a Lei de prevención e defensa dos incendios forestais, co obxectivo de reorganizar, clarificar e racionalizar esta norma que pecaba de complexa e de moi difícil comprensión”. Neste sentido, destacou que mellórase a reorganización da planificación preventiva, redúcense e racionalízanse as anchuras das franxas de xestión de biomasa segundo as necesidades reais de defensa e, ademais dos convenios de colaboración cos concellos para traballos preventivos, poderanse asinar novos acordos para a xestión da biomasa en parcelas de propietarios descoñecidos.
Para rematar, Emma Álvarez salientou as melloras introducidas no texto inicial do proxecto de Lei a través das emendas presentadas polo Grupo Popular, como a obriga de adaptar no prazo máximo de dous anos todas as repoboacións as distancias marcadas na nova norma, a introdución das superficies forestais certificadas como de alto valor natural ou a elaboración dun plan de devolución plurianual para saldar a débeda de convenios ou consorcios coa administración rematado o prazo de catro anos para finalizar os vixentes a día de hoxe.






















Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.



