Para a voceira de Montes, Emma Álvarez Chao, “é necesario buscar solucións aos problemas derivados dos baixos prezos do leite para os produtores, que na actualidade teñen moitas dificultades para cubrir custos coas súas ventas”
O PARLAMENTO APROBA UNHA INICIATIVA DO PPDEG “PARA CREAR UNHA ÚNICA ESTRUTURA FORTE DAS COOPERATIVAS LÁCTEAS CAPAZ DE DEFENDER E XERAR BENEFICIOS AOS PRODUTORES”
“A fórmula de integración máis común no estado español paa adquirir dimensión e dar resposta aos novos escenarios da comercialización global son as cooperativas de segundo grao que xa teñen amosados beneficios na compra-venda conxunta de produtos”
Alvarez Chao lamentou que PSdeG-PSOE se deixe levar polo BNG para non chegar a un acordo “están anclados nos fracasos de cando gobernaron e non son capaces nin de aceptar as demandas do sector produtor”
Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2012.- O Parlamento aprobou, na sesión plenaria celebrada hoxe, unha iniciativa do PPdeG encamiñada a fomentar a creación “dunha única estrutura forte que englobe ás cooperativas lácteas galegas que sexa capaz de defender e xerar beneficios aos produtores” segundo defendeu a voceira de Montes, Emma Álvarez Chao. A deputada popular indicou que o feito de aglutinar ás cooperativas lácteas “é unha solución aos problemas derivados na actualidade dos baixos prezos do leite para os produtores que teñen moitas dificultades para cubrir custos coas súas ventas”.
Para Emma Álvarez as cooperativas supoñen un elemento dinamizador de primeira orde para o desenvolvemento local e en Galicia o 65 % delas son de ámbito rural, estando mais da metade delas relacionadas co sector agrario. “Dentro das cooperativas relacionadas co sector lácteo se distinguen as que teñen poucos socios e non se dedican en exclusiva a produción de leite que representan, que son o 50% das agrarias, e as que teñen un número elevado de socios e se dedican a transformación e comercialización do leite, coñecidas como os primeiros compradores” segundo a deputada popular.
Emma Alvarez Chao destacou que na campaña 2010-2011 tiñan actividade 29 das 35 dadas de alta como primeiros compradores e, destas, 25 dedicáronse á simple comercialización ou a comprar o leite aos produtores e vendelo a compradores transformadores e industrias “facéndose competencia entre elas mesmas á hora de poñer o produto no mercado”. “Este feito repercute moi negativamente na defensa común dos seus intereses e contribúen a que o prezo non sexa o axeitado polo que é preciso que integren os seus proxectos nunha estrutura capaz de cerrar o ciclo de produción do campo á mesa capaz de xerar beneficios aos produtores e defender da forma máis eficaz os seus intereses fronte ás imposicións da industria e dos grupos distribuidores” segundo a deputada popular.
Para Emma Álvarez a fórmula de integración máis común no estado español para adquirir dimensión e dar resposta aos novos escenarios da comercialización global son as cooperativas de segundo grao que xa teñen amosados beneficios na compra-venda conxunta de produtos. Así sinalou como exemplo de actividade a desenvolvida por Delagro SL como central de compras e insumos que engloba arredor dun cento de cooperativas da cornixa cantábrica ou Artesáns Gandeiros, na provincia de Lugo, con 10 cooperativas, que pasou de comercializar 2356 reses no seu inicio de actividade no ano 1997 a acadar un volume de 14 mil reses no exercicio pasado.
Segundo indicou Emma Álvarez Chao o Grupo Parlamentario Popular coincide coas organizacións agrarias, coas cooperativas e co actual ministro de Agricultura, Arias Cañete, na necesidade de concentrar a oferta e na implantar un plan de integración cooperativo en todos os ámbitos da actividade cooperativa agraria “máis entendemos que na realidade galega é fundamental e urxente abordar un proxecto de integración cooperativa no sector leiteiro para defender de forma máis eficaz os intereses dos seus asociados, en especial fronte ás imposicións da industria e dos grupos distribuidores”.
Na iniciativa popular aprobada hoxe ínstase á Xunta tanto a fomentar a creación desta única estrutura que englobe a todas as cooperativas lácteas como a respaldar e prestar o apoio técnico específico necesario para o asesoramento deste proceso, baseado principalmente na auditoría e consultaría no proceso de fusión.
A voceira popular lamentou “unha vez máis que o PSdG-PSOE se deixe levar polo BNG para non chegar a un acordo sobre unha proposta de transación que recollía practicamente todas as propostas da emenda socialista”. “Están anclados nos fracasos de cando gobernaron e non son capaces nin de aceptar as demandas do sector produtor” rematou dicindo Alvarez Chao.




















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



