Esta obra escrita e dirixida por Pepe Peinó está representada por alumnos do IES Alfoz-Valadouro foi interpretada o sábado 30 de xuño en Valadouro. Trátase dunha divertida comedia de misterio con unha “asasinada” e moitas sospeitosas nun caso que ten que resolver o famoso detective Sherlock Fernández e o seu despistado axudante, Cirilo Burrez. O público respondeu á chamada desta actividade formativa e teatral que culminou con un hora e media de risas e diversión con un bon traballo destes novos actores. Promoven esta convocatoria de Teatro xuvenil as OMIX dos Concellos de Alfoz e Valadouro.
