O Partido Popular de Mondoñedo pide ao Señor Orlando que axilice a contratación dos Grumires
Tódolos alcaldes, inclusive os da súa cor política, teñen xa contratados, ou iniciado o proceso de contratación dos Grumires, menos o de Mondoñedo, que unha vez máis, demostra que o Goberno lle queda grande
Nunha situación de crise económica, que o Señor Orlando anuncie o seu destino de vacacións, e non teña aproveitado a oportunidade que moitos concellos de Galicia quixeran, non deixa de ser preocupante
Mondoñedo, 10 de xullo de 2012- As actuacións do Señor Orlando González poñen claramente de manifesto que a preocupación polos cidadáns que están en situación de desemprego é totalmente nula e unha das súas prioridades son unhas vacacións na Illa de Madeira.
Estas declaracións da Voceira dos populares en Mondoñedo veñen dadas logo de que o Señor Orlando González anunciase que o seu destino de vacacións este ano será a Illa de Madeira, e sen embargo, non teña, a día de hoxe, contratados, nin iniciado o proceso de contratación dos Grumires, algo que si teñen feito os demáis alcaldes, inclusive os da súa mesma cor política, como é o caso do de Ribadeo. “E dificil de entender que sexa o único Alcalde que non xestionara a contratación dos Grumires, incomprensible, preocupante e denunciable, semella que os mindonienses en paro non preocupan a este goberno”.
Elena Candia tacha de surreal e indignante que un rexedor priorice unhas vacacións
“Nunha actual crise económica, onde hai en España cinco millóns de parados, que un alcalde, ao que se lle brinda a oportunidade de contratar persoas que están en situación de desemprego e non o faga, é denunciable. Se ao Señor Alcalde non lle preocupan os problemas dos cidadáns que se vaia e que deixe paso aos que sí queremos dar solucións aos problemas dos veciños e neste caso un dos principais, é o de dar traballo- manifesta Candia.
A Voceira dos populares asegura que estos xestos por parte do rexedor mindoniense son preocupantes xa que a maioría dos Concellos pelexaría por estas oportunidades e solucións para os seus veciños, agás o Señor Orlando, que demostra unha vez máis que o que é unha posibilidade para os mindonienses, para él é un problema.


















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



