O PSOE denuncia que o PP obrigue ós 120.000 pensionistas de Lugo a pagar 12 millóns de euros ó ano polos medicamentos
– Rodríguez e Carlos Santín critican que, a partir de agosto, os xubilados teñan que pagar na súa totalidade os tratamentos de enfermidades tan importantes como a soriase ou a artrite debido a que o Goberno Central deixará de financiar 426 destes medicamentos
– Os socialistas subliñan que, con estas medidas e tendo en conta que Lugo é unha das provincias coa pensión máis baixa de España ó situarse esta nos 616 euros, “os Gobernos de Rajoy e Feijóo acabarán coa universalidade e a equidade sanitaria”
– Destacan que estas restricións impostas polo PP deteriorarán a Sanidade luguesa, pois o da Costa é o 2º hospital de Galicia con máis lista de espera, o HULA segue sen Radioterapia e, o de Monforte, ten deficiencias nas áreas de anestesia ou oftalmoloxía
Os Secretarios de Sanidade e de Organización do PSdeG-PSOE de Lugo, Miguel Ángel Rodríguez Lois e Juan Carlos González Santín, denunciaron publicamente este mércores as consecuencias que está a ter para a provincia a xestión levada a cabo polos Gobernos do PP –Central e Autonómico- en materia sanitaria, e que provocou que todos e cada un dos 119.876 pensionistas lucenses se visen obrigados, dende o día 1 de xullo, a pagar 8 euros como mínimo polos seus medicamentos.
Santín subliñou que “Lugo, cunha media de 616 euros, é a provincia que ten unha das pensións máis baixas de España. Se a esta realidade, que nos sitúa nunha situación claramente desfavorable con respecto a outras provincias españolas, lle sumamos as drásticas medidas que está impoñendo o Goberno de Rajoy porque non é capaz de enmendar a crise, os galegos, e os lucenses en particular, volveremos á época da beneficiencia. É dicir, pasamos dun sistema de dereitos a un sistema anárquico, cunha improvisación que xa é de todos coñecida e cun fallo no sistema que ata agora non son capaces de subsanar pero que de entrada temos que pagar”. E é que, por primeira vez, dende que se articulou o Sistema Nacional de Saúde en 1986 os pensionistas pagan en efectivo pola retirada dos seus medicamentos.
A entrada en vigor do repago sanitario provoca que os xubilados lucenses teñan que desembolsar cada mes uns 960.000 euros, algo máis de 166 millóns das antigas pesetas. Neste senso, o Secretario de Sanidade destacou que “se trata dunha cantidade que está axustada á baixa porque o 37,5% dos pensionistas perciben menos de 600 euros. Pero aínda así, se multiplicamos esta cifra polos doce meses do ano, danos un total de 11.520.000 euros, case 2.000 millóns das antigas pesestas”.
Máis de 400 fármacos sen financiación
A partir de agosto, o Goberno Estatal deixará de financiar 426 fármacos, algúns deles de uso moi frecuente e que non poderán ser substituídos por outros. É o caso, por exemplo, de medicamentos tan importantes para o tratamento da soriase ou da artrite, así como das bágoas artificiais ou dos produtos para herbes labiais, entre outros. Isto demostra, tal e como indicou o socialista, “que é unha medida totalmente economicista, que non ten consideración alguna polos doentes porque… como é posible que un goberno elimine un medicamento que lle vai ben ós seus cidadáns? A Xunta debería de saber que moitos deles evitaron a atención en urxencias ou ingresos hospitalarios, o que repercute, e moito, no gasto sanitario”.
O Secretario de Sanidade tamén lamentou que os cidadáns se vexan obrigados a pagar tamén polo transporte sanitario non urxente, como é o caso dos enfermos renais dializados; e que tanto os oncolóxicos como os coronarios teñan que seguir desprazándose a outras provincias porque a administración autonómica non pon en servizo no HULA as unidades de Radioterapia e Hemodinámica.
Medidas urxentes e necesarias
Por todo elo, dende o PSdeG-PSOE de Lugo instan á Xunta de Galicia –administración coas competencias directas en materia sanitaria- a que adopte medidas urxentes que palíen os efectos da entrada en vigor do repago impulsado polo Goberno Central e avalado polo Presidente do organismo autonómico. Deste xeito, Miguel Ángel Rodríguez e Carlos Santín manifestaron que, en primeiro lugar, o Partido Socialista da provincia de Lugo subscribe plenamente o recurso presentado ante o Tribunal Constitucional pola Executiva Federal, do Decreto 16/ 2012, do 20 de abril, onde se refrendan todos os recortes sanitarios, posto que constitúe a maior agresión ó Sistema Sanitario Público e rompe coa equidade e a universalidade. Deste xeito, engadiron que, como non podía ser doutro xeito, os socialistas lucenses “están cos pensionistas da provincia. O Decreto é o maior ataque dende que se articulou o Sistema Nacional de Saúde. Fire de morte a universalidade da prestación sanitaria”.
En segundo lugar, amosaron o máis rotundo apoio á solicitude feita ó Parlamento Galego polos socialistas, rexeitando de forma taxante o Proxecto de Resolución de la Dirección General de Cartera Básica de Servicios del Sistema Nacional de Salud y Farmacia, por la que se procede a la actualización de la lista de medicamentos que quedan excluidos de la prestación farmacéutica en el Sistema Nacional de Salud. “Feijóo ten que dar o dó de peito. Non pode eludir a súa responsabilidade. Para iso é o Presidente da Xunta de Galicia”. Neste senso, esíxenlle que actúe como están a facer outros Presidentes como a do País Vasco, quen rexeitou claramente a implantación do repago sanitario.
Rodríguez Lois fixo, ademais, unha chamada de atención ó Goberno de España, “xa que nestes intres a economía da nosa xente están tan asoballada, que estes incrementos van supoñer a maior desafección da Sanidade e o maior aumento da pobreza do noso País dende hai moitos anos”.
Recortes que agravan e deterioran a Sanidade luguesa
O Secretario de Sanidade sinalou, ademais, que estas medidas impostas polo actual Presidente do Goberno Central só contribúen a agravar e a deteriorar a situación da Sanidade luguesa, provocando que a atención nos tres centros sanitarios máis importantes da provincia empeore:
-O hospital da Costa de Burela segue sendo o segundo de Galicia que rexistra as maiores listas de espera para realizar unha cirurxía.
-Con respecto ó Lucus Augusti, tampouco existe constancia de que a Xunta esté traballando para cumprir os compromisos anunciados. A día de hoxe e malia os múltiples anuncios realizados pola Xunta, aínda non se implantaron os servizos de Radioterapia, Hemodinámica e Medicina Nuclear.
-Nunha situación semellante atópase o Hospital de Monforte de Lemos. Neste caso, os principais problemas recaen na área de anestesia, que son insuficentes, provocando así graves problemas no servizo cirúrxico.
As consultas de oftalmoloxía están excesivamente saturadas, de modo que o Hospital viuse, en varias ocasións, na obriga de contratar a especialistas por meses para alixeirar a situación.
O servizo de radioloxía estivo en entredito debido a que o facultativo de guardia é compartido con outros centros, e tamén se descoñece o paradeiro do mamógrafo que a Xunta mercou para este Hospital e que, segundo o PP, permitiría a este centro dispoñer dunha técnica novidosa ó tempo que satisfaría a demanda formulada en varias ocasións polos veciños do sur da provincia, xa que lles evitaría desprazarse por exemplo ó hospital da capital.
Así mesmo, continúa sen funcionar a UCI, perdéronse especialistas das Áreas de Patoloxía e Traumatóloxía e moitas das autopsias estanse derivando a Lugo de forma encuberta.



















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



