Envia Remata a primeira etapa da mostra “Rir, por non chorar” de ADEGA a FaceBookEnvia Remata a primeira etapa da mostra “Rir, por non chorar” de ADEGA a Twitter
Lugo, a 11 de Xullo de 2012.- Onte rematou a súa primeira etapa a exposición itinerante de humor gráfico “RIR POR NON CHORAR” en terras de Lugo, tras inaugurarse ás 12 horas do día 3 de Xullo na Praza de San Marcos onde permaneceu até o día 10 de xullo. Tras desta primeira fase, a mostra percorrerá outros concellos da provincia de Lugo dos que se darán conta nos vindeiros días.
Dende ADEGA valoramos esta primeira semana da exposición como moi positiva, non só pola afluencia de público á mesma, xa que se achegaron máis de 400 persoas, senón polas sensacións que os humoristas conseguiron trasladarlles a aquelas persoas que disfrutaron da exposición e así nolo fixeron saber. Tamén pequenos é grandes deixaron impronta do seu paso pola exposición cos seus debuxos e notas nos que animaban a continuar co noso traballo a prol da defensa do territorio galego.
ADEGA contou coa colaboración da Área de Cultura e Turismo da Deputación Provincial de Lugo para o lanzamento desta exposición itinerante na que participan humoristas gráficos e ilustradores de toda Galiza, entre os cales destacan: Pinto & Chinto, Leandro, Guitián, Calros Silvar, Alberto Okidoki, Almudena, Dávida, Idoia de Luxán, Mª Carmen Ferrín, Rooster, Sergio Covelo, Marcos Beltrán, Quico, Zamudio, Miguel Fernández, Jorge Alba, Alfredo López “Tokio”. Durante unha semana esta exposición brindou a todos os cidadáns unha oportunidade para achegarse as problemáticas ambientais galegas desde outro prisma, a través da ironía e a crítica.
Esta exposición está enmarcada dentro dos actos do Proxecto “Cultura e Territorio” que ADEGA leva a cabo durante este ano 2012, un proxecto cuxo obxetivo e divulgar as ameazas que se cernen sobre o noso patrimonio natural e cultural ademáis de buscar solucións e propostas realmente sostíbeis e equilibradas de respecto ao noso contorno.


























O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



