A XUNTA APORTA OUTROS 105.000 EUROS PARA O QUE O CONCELLO DE BURELA FORME A 30 DESEMPREGADOS.
Burela, 17 de xullo de 2012. A Xunta aporta máis de 105.000 euros para que o Concello forme a trinta desempregados, segundo ven de anunciar o concelleiro de Emprego, José Casas.
O Concello realizará ao longo dos vindeiros meses dous novos cursos de formación para desempregados gracias ás novas axudas concedidas polo goberno galego que ascenden a 105.375,40 euros.
Un dos cursos denomínase Operacións de grabación e tratamento de datos e documentos. A duración será de 458 horas lectivas e o presuposto é de 54.270,20 euros. Operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais é o outro curso que se impartirá en Burela. Terá unha duración de 448 horas e un orzamento de 51.105,20 euros. Ofértanse 15 prazas para cada curso.
Casas subliñou que “deste xeito a Xunta aporta máis de 172.000 euros para a celebración de catro cursos destinados a formar a un total de 60 desempregados. Agardamos que poidan arrancar a principios do vindeiro mes de agosto. E deberán estar rematados a finais do presente ano 2012”.
O concelleiro de Emprego considera “moi importante poder contar con estas axudas económicas, sobre todo nos tempos que corren”.
Os outros dous cursos que se impartirán en Burela son os de auxiliar de enfermería en xeriatría e atención especializada para enfermos de alzheimer.






















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



