MARIÑOS DE TERRA A DENTRO
![]()
Maio de 1972. A peña O Lar viaxou á Feira do Viño, en Ribadavia, na que participaron medio cento de persoas, convidadas por Herpo, distribuidora na bisbarra dos produtos da Cooperativa Pazo-Ribeiro Os excursionistas foran recibidos polo Presidente Euloxio Gómez Franqueira, promotor da cooperativa Coren e logo fundador do partido político Coalición Galega, que os acompañou no percorrido polas instalacións, nas que quedou pendurada unha foto xigante de Foz lembrando a visita, e tamén polo eximio escritor Alvaro Cunqueiro, entón a figura ilustre das campañas publicitarias da firma. No mes de xullo, chegaba a Foz a peña A Ulla de Monterroso que, con grande sorpresa, o fixo por mar. Os de secano, coñecedores da dramática historia da “barra”, quixeron dar unha lección a políticos e técnicos de portos e, facendo un corte de mangas a ambos colectivos, embarcaron na Espiñeira para navegar ata o malecón do enxeñeiro Garelly na dársena interior, onde a esbelta nao, ó mando dos expertos oficiais da Armada , o Capitán de Fragata Constantino Mariño e de Corbeta Anxel Niñe “Minguín” quedou atracada. Ambos vestían uniforme de gala de verán, ou sexa, brancos, lucindo distintivos e condecoracións sobre senllos heroicos peitos; o primeiro recibindo ós tripulantes na ponte de mando, firme, saudando militarmente, coa enerxía que os cánones da disciplina castrense esixen, e o segundo situando ao persoal a bordo, nos postos que ocuparían na travesía, dando instrucións ó respecto e que cada quen actuase correctamente nas manobras que os esperaban naquela inesperada navegación, ou no caso de que en “alta ría” se dera incidente que puxera en risco a integridade física de tanto monterrosino xunto que, por certo, viviron un bautismo de mar pracenteiro e, xa en terra, mesturados cos indíxenas, unha xornada de feliz camaradería, como era costume, entre escenas de humor, estimulantes brebaxes autóctonos e belidas cantigas que remitían sempre “á feira de Monterroso”, para ó remate despedir ós amigos, acariñando a idea de, sen tardar, repetir a experiencia…
Suso Fernández



















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



