O BNG DE BARREIROS DI QUE O PROBLEMA DA DEPURADORA DE REINANTE NON É PUNTUAL, SENÓN QUE REFLICTE A MALA XESTIÓN DO GOBERNO MUNICIPAL. OS NACIONALISTAS PÍDENLLE AO ALCALDE QUE ASUMA A SÚA RESPONSABILIDADE E QUE RESPONDA DIANTE DAS VECIÑAS E DOS VECIÑOS A ONDE ESTIVO DESTINANDO O DIÑEIRO.
Barreiros, 7 de agosto de 2012. Desde o BNG de Barreiros amósanse sorprendidos polas declaracións do Alcalde barreirense, o popular Alfonso Fuente, cando “é capaz de asegurar que na praia de Reinante non hai vertidos e que a depuradora non ten ningún problema. Non sabemos se quen ten unha cortina diante dos ollos é Alfonso Fuente ou se ten algún problema nos sistemas olfactivo e visual ou é que nin sequera pasou pola zona, porque calquera que se achegue alí pode ver e notar a existencia deste vertido”.
Para a portavoz do BNG, Ana Ermida, “quen é un experto en cortinas de fume é Alfonso Fuente, que leva anos de nefasto goberno municipal, vendendo fume e cunha xestión que se resume perfectamente nas fotos que se poden ver hoxe nos medios de comunicación: servizos municipais desfasados, desbordados e máis caros para as veciñas e veciños de Barreiros”.
Os nacionalistas consideran que “ao goberno municipal barreirense non lle treme a man á hora de subir os impostos ás veciñas e veciños para tapar os furados da súa xestión municipal, mentras o abastecemento de auga ou o saneamento seguen desbordados. O Partido Popular leva anos defendendo un sistema de crecemento para Barreiros insostible e que ten estas consecuencias. É máis, nin sequera se molesta en explicarlle ás veciñas e aos veciños a onde vai o diñeiro dos seus impostos ou o diñeiro do famoso convenio da auga: uns cartos depositados polos promotores, nunha conta restrinxida, para a mellora do servizo de auga que non se utilizaron para este fin e dos que sí se utilizou, polo menos unha parte unha parte para outros fins que non sabemos, porque non nolo respondeu no último pleno”.





















Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.



