RAQUEL ARIAS DESTACA QUE A XUNTA SUBVENCIONA CON PRETO DE 130.000 EUROS OBRAS PARA A MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA EN CONCELLOS DA MARIÑA, CO QUE FACILITARÁ UN AFORRO NA FACTURA DA LUZ
A delegada territorial subliñou “a importancia destes proxectos, que posúen especial relevancia tanto polos beneficios no apartado económico, xa que facilitan o aforro na factura da luz, como no ámbito medioambiental”
A redución do consumo enerxético que se acada nestas dotacións logo da renovación dos dispositivos chega ata o 50%
Os municipios beneficiarios, que aportan ata un 30% do custe total das obras, renovan as instalacións de iluminación pública e semáforos, realizan estudos e auditorías enerxéticas para valorar prácticas de aforro
O Valadouro, 14 de agosto de 2012.- A Consellería de Economía e Industria destina preto de 130.000 a subvencionar medidas de aforro e optimización enerxética en concellos da comarca da Mariña. Así o indicou hoxe a delegada territorial, Raquel Arias, durante a visita que levou a cabo hoxe ao Valadouro para revisar as áreas deste concello nas que se desenvolverán a partir dos próximos días obras de mellora da eficiencia enerxética.
Arias, acompañada polo alcalde do Valadouro, José Manuel Lamela, incidiu na “especial relevancia que teñen este tipo de proxectos polas repercusións económicas que proporcionan, xa que facilitan o aforro na factura da luz, pero tamén permiten melloras no ámbito medioambiental”.
Dentro da estratexia global de aforro e eficiencia enerxética que persegue a Xunta, Economía e Industria, a través do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), presta particular atención aos concellos, sinalou Arias. Así, entre o paquete de liñas de axuda específicas para os municipios do Inega destacan as de renovación das instalacións de iluminación pública exterior existentes e as auditorías enerxéticas orientadas á optimización das instalacións de iluminación pública.
O Inega concedeu axudas a catro concellos da Mariña para a renovación das instalacións de iluminación pública exterior existentes aplicando criterios de aforro e eficiencia, así como as instalacións de semáforos. A contía das subvencións pode supoñer ata o 70% do investimento total da actuación, encargándose da parte restante os propios consistorios. No caso da Mariña, a dotación aportada polo Executivo galego alcanza os 129.803,15 euros, sendo beneficiados os concellos de Alfoz, O Valadouro, Xove e O Vicedo.
No caso dos concellos de Xove e O Vicedo coas achegas recibidas acometerán senllas auditorías de optimización enerxética coa que se analizan as instalacións de iluminación pública dispoñibles no municipio.
No tocante ao Valadouro, as obras que se levarán a cabo afectarán fundamentalmente ás dotacións da Praza de Santa María e á Avenida de Viveiro. As actuacións consistirán na substitución de luminarias existentes por outras luminarias de maior nivel de rendemento lumínico e de alta eficiencia enerxética. Ademais, instálase novo cadro eléctricos que permitirán un maior control das instalacións, activándose o seu funcionamento mediante un reloxio astronómico. A redución do consumo enerxético nestas dotacións coa renovación dos dispositivos chega ata o 50%.
Raquel Arias destacou “o compromiso do Goberno galego para fomentar o aforro e eficiencia enerxética e as enerxías renovables”, con obxectivo de lograr “un maior aforro de enerxía primaria ao tempo que reducimos as emisións de CO2 á atmosfera”.
Ao respecto, lembrou que Economía e Industria tamén incentiva iniciativas que promoven o uso racional da enerxía e, en xeral, a óptima xestión dos recursos enerxéticos, nos distintos sectores económicos de Galicia, como a pesca e a agricultura, o transporte e a industria.










O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



