NOTA INFORMATIVA CLAUSURA DO TALLER INTERNACIONAL DE SARGADELOS
Mañá día 22 de agosto remata o Taller Internacional de tendencia cerámicas de Sargadelos 2012 coa selección dunha peza que todos os participantes deixarán para o museo existente sobre a historia dos diferentes talleres de verán. As actividades do taller iniciaronse con unha mesa redonda sobre cerámica e gastronomía na que participaron deseñadores que tiñan participado na edición 2011 e que neste ano desenvolveron o prototipado dos seus deseños para a súa producción para alta gastronomía. Estiveron presentes Martín de Azúa, Javier Díez de DIEZ+DIEZ, os galegos de Cenlitrosmetrocadrado e Isaac Piñeiro de Nadadora. A súa aportación nestas xornadas foi o desenvolvemento do proxecto de cada un deles.
Completouse a participación nestas xornadas con Rainier González e Ismael Vázquez, Xefe da sección de Gastronomía e responsable da sección de rehabilitación de Obispos respectivamente, pertencentes a Oficina del Historiador de la Habana. Participaron nestas Xornadas de Cerámica e Gastronomía organizadas coa colaboración do Concello de Cervo.
Paralelamente inaugurouse unha exposición, na planta circular de Sargadelos, do traballo experimental realizado cos alumnos de arquitectura de CESUGA, A Coruña e o departamento de Deseño de Sargadelos, o exerc io consistiu en crear espacios arquirtectónicos e o deseño de mobiliario urbano a partir de pezas de cerámica, en especial dunha cafeteira modelo Pomba.
Ademáis dos traballos no taller con pastas de gres, refractario e porcelana, os participantes asistiron a unha interesante conferencia impartida polo director do Instituto de Cerámica de Galicia, Prof. Francisco Guitián, sobre os novos materiais cerámicos: biocerámica, fibras para reforzo de vestimenta de seguridade, monocristais para ventás de guiado de misiles, etc.
O acto de selección das pezas dos participantes terá lugar as 12 h no propio taller, onde se van atopar expostas todas as pezas que foron elaboradas durante os 15 días de traballo.





















Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
O acto será este venres, 8 de maio, ás 20.30h na biblioteca El Viejo Pancho, conducido por Xermán Viluba.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.



