A DELEGACIÓN DE MEDIO AMBIENTE PORÁ EN MARCHA A RECOLLIDA SELECTIVA DE ENVASES DE VIDRO NOS LOCAIS HOSTALEIROS DO CONCELLO. TÉCNICOS MUNICIPAIS EXPLICARÁNLLES IN SITU AS VANTAXES DESTE NOVIDOSO SISTEMA, SEGUNDO VEN DE ANUNCIAR PATRICIA LÓPEZ EIJO.
Burela, 27 de agosto de 2012. A Delegación de Medio Ambiente de Burela en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente e Ecovidrio, a empresa que xestiona a reciclaxe de vidro en España, porán en marcha unha experiencia prácticamente pioneira en Galicia, que facilitará a recollida selectiva de envases de vidro nos locais hostaleiros do concello.
![]()
Patricia López Eijo explicou que “nos vindeiros días técnicos, perfectamente acreditados polo Concello, encargados de por en marcha esta actuación, visitarán in situ os locais hostaleiros seleccionados para explicarlles as vantaxes deste novidoso sistema”. Desde a Delegación de Mar e Medio Ambiente agardan que “esta iniciativa contribúa á mellora medioambiental de Burela”.
A edil popular lembrou que “Burela foi un concello pioneiro na reciclaxe de vidro, que se iniciou no ano 1996 coa colocación de seis contedores. Unha cifra que se foi incrementando ano tras ano ata chegar aos 66 contedores/iglús cos que contamos na actualidade”. No 2011 os cidadáns de Burela depositaron 134.959 kilos de vidro en ditos recipientes. Cada habitante xenerou unha media de 14,1 kilos por ano.





















Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
O acto será este venres, 8 de maio, ás 20.30h na biblioteca El Viejo Pancho, conducido por Xermán Viluba.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.



