RIBADEO (FNC) .- Esta semana comezaron as escavacións arqueolóxicas no castro das Grobas de Ribadeo para situalo na época histórica na que foi construído e para analizar si merece a pena desenterralo na súa totalidade. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, explicou que “o luns desta semana iniciáronse os traballos das catas arqueolóxicas neste castro potencialmente tan importante como é o castro das Grobas en Vilaselán, grazas ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, propietaria destes terreos, e quen sufraga o custe destas escavacións que é a Dirección General de Costas dependente do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño”.
O rexedor sinalou que “estas catas, que se están facendo en tres ámbitos duns 25 metros cadrados cada un de superficie, entendemos que durante un mes van botar luz e van arroxar moita información sobre as potencialidades que poida ter este castro. Haberá que datar a ver en que época concreta se sitúa si antes ou durante a romanización, e entendemos que isto pode ser moi importante desde o punto de vista arqueolóxico e tamén desde o punto de vista turístico para Ribadeo”.
Suárez Barcia engadiu que “si o resultado destas escavacións arqueolóxicas, que están dirixidas por persoal técnico cualificado, arroxan información a Dirección General de Costas podería sufragar a escavación total deste castro, pero hai que ser cautos e prudentes ata que se remate este estudio e ver si a información que sae á luz fai relevante que este castro se poida desenterrar”.
As excavacións foron visitadas este mediodía polo alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, e polo concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro.





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



