O medio ambiente nos cursos de formación da Xunta: Saber aplicar biocidas e manexar motoserras![]()
Compostela, 25 de setembro de 2012. Mentres a Educación Ambiental agoniza, en paralelo ás políticas que a Xunta está a executar na educación e no ambiente, o DOG reflicte unha fotografía do preocupante estado da formación ambiental neste país. Malia ás numerosas recomendacións (OIT, ONU-PNUMA) que apontan aos millóns de postos de traballo que se poderían criar vencellados ao medio ambiente e á “economía verde”, a Xunta non só reduxo a cero o investimento en educación ambiental, senón que os cursos de formación non regrada convocados en 2012 indican o curioso concepto que a administración ten da “formación ambiental”: 26 cursos de “aplicador/manipulador de biocidas”; 2 cursos de prevención e loita contra os lumes; 1 de “ruido ambiental” e 1 de “manexo básico da motoserra”. pdfListaxe completa cursos Xunta 2012
As iniciativas da actual administración galega na promoción da educación ambiental (EA) son case inexistentes, coa EGEA (Estratexia Galega de Educación Ambiental) esquecida nun caixón dende hai anos. Ao brutal recorte de actividades e recursos (0€ en 2012); ao peche e infrautilización de equipamentos (Centro de Interpretación A Siradella, C.I. do P.N. Monte Aloia, do P.N da Enciña da Lastra; do P.N de Corrubedo, Aula de Chelo…); ao abandono da EA no sistema educativo polos continuos recurtes; aos despedimentos, e desaparición de empresas hai que engadir o escandaloso desbaldimento de recursos en eco-mausoleos como o Centro de Interpretación dos Espazos Naturais Galegos de Ourense (8 millóns de €) ou das das Illas Atlánticas, ou os gastos en “intervencións” agresivas en espazos naturais (desbroces en espazos costeiros, baleirado da lagoa da Frouxeira…)
Diante deste panorama nos programas, equipamentos e actuacións de Educación Ambiental, as escasas iniciativas institucionais postas en marcha pola Xunta no eido da formación non regrada, esqueceron o feito de que o medio ambiente está a ser e será no futuro (recomendacións da OIT e a ONU), unha importante fonte de postos de traballo e actividade económica relacionados coa súa protección e as iniciativas sustentábeis para a súa posta en valor.
Unha simples revisión do DOG revela que a Xunta está a ofertar no eido da formación ambiental non regrada, unha sorprendente listaxe de cursos: Destaca con moito, o número de sesións adicadas ao manexo e aplicación de biocidas (26) en comparación con outros cursos de positivas repercusións para o ambiente como a prevención dos lumes (2) ou a loita contra o ruido (1 curso). Esta sorprendente obsesión da Xunta cos cursos de biocidas (alén doutras posíbeis causas relacionadas coas adxudicacións) podería ter unha explicación na teima da administración (galega e estatal) en dar traballo á patronal química coas súas políticas (forestal, agrícola, industrial, de residuos…): fumigacións, agroquímicos, transxénicos, minaría de cianuro, incineradoras, etc.
Fronte a isto, destaca a total ausenza de formación en conservación, custodia do territorio, voluntariado ambiental, eco-auditorías e aforro de recursos naturais, iniciativas produtivas en espazos protexidos, turismo de natureza, ornitolóxico, xeolóxico… etc. Semella que a Xunta prefire formar á cidanía no manexo do Cascade, do Round-up e da motoserra.























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



