BURELA ADHERIRÁSE AO PROTOCOLO PARA A PROTECCIÓN DAS VÍTIMAS DE VIOLENCIA DOMÉSTICA E DE XÉNERO E CONVERTIRÁSE NUN DOS PRIMEIROS CONCELLOS DA COMARCA NA SÚA IMPLANTACIÓN.
Burela, 25 de setembro de 2012. Burela adherirase ao Protocolo de colaboración e coordinación entre as forzas e corpos de seguridade do Estado e os corpos de Policía Local para a protección das vítimas de violencia doméstica e de xénero, atendendo así á proposta realizada desde a Subdelegación do Goberno en Lugo e converténdose nun dos primeiros concellos da comarca na súa implantación.
A concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán, sinala que “a Administración Local como a instancia máis próxima ao cidadán, configúrase coma un espazo privilexiado para a intervención coas vítimas de violencia de xénero do termo municipal. É por iso, polo que tanto dende a Concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade como dende a de Concellería de Obras, Urbanismo, Trafico e Protección Civil, valoramos positivamente a iniciativa proposta pola Subdelegación do Goberno en Lugo de adhesión ao devandito protocolo asinado no ano 2006 polo presidente da FEMP e polo anterior Ministro de Interior”.
O equipo de goberno entende que “a adhesión ao referido protocolo por parte do Concello de Burela será moi positiva tanto para as vítimas de violencia de xénero xa que incrementaría a súa percepción de seguridade, como tamén polo feito de que as autoridades locais, os distintos partidos políticos e a sociedade en xeral, se impliquen en combater a inaceptable situación de permanente inseguridade que sofren moitas mulleres”. Diana Durán subliñou que “o obxectivo fundamental do presente protocolo é establecer os criterios básicos de colaboración e de coordinación que permitan optimizar os recursos humanos e materiais das Forzas e Corpos de Seguridade existentes no temo municipal de Burela, para garantir o cumprimento eficaz das medidas xudiciais do protección ás víctimas de violencia de xénero, de conformidade co disposto no artigo 31.2 da L.O. 1/2004”.
A responsable dos Servizos Sociais en Burela dixo que “a colaboración entre as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado y os Corpos de Policía Local nesta materia guiarase, en todo caso, polos seguintes criterios:
1.Proporcionar ás vítimas unha resposta policial da maior rapidez e eficacia nas situacións de risco.
2.Proporcionar unha resposta policial da máxima sensibilidade, calidade e eficiencia na atención e protección ás vítimas e evitar ás actuacións que supoñen un incremento da vitimización, especialmente a duplicidade de intervencións.
3.Proporcionar á vítima información clara e accesible sobre os dereitos recoñecidos na Lei Orgánica 1/2004 e dos recursos existentes para a efectividade de tales dereitos no ámbito territorial correspondente.
4.Facilitar a transmisión entre as Forzas e Corpos de Seguridade e os órganos xudiciais de toda a información relevante para a protección da vítima”.
Desde o equipo de goberno cren firmemente que a iniciativa proposta pola Subdelegación do Goberno en Lugo de adhesión ao citado protocolo “é necesaria no noso termo municipal”. Éste será un dos asuntos que se debatan no pleno que se celebrará no Concello de Burela o vindeiro xoves, 27 de setembro, ás 20 horas.






















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



