O CONCELLO LEVA UN ANO MÁIS A ONCE PARROQUIAS A XIMNASIA DE MANTEMENTO QUE TANTO ÉXITO DE PARTICIPACIÓN COLLEITA. O PRAZO DE INSCRICIÓN ESTÁ ABERTO NA CASA DA XUVENTUDE.
Ribadeo, 3 de outubro de 2012. Ata o vindeiro 11 de outubro estará aberto o prazo de inscrición na ximnasia de mantemento das parroquias que organiza o Concello de Ribadeo, “grazas á boa disposición de todos os veciños e veciñas e ao éxito de participación que conseguimos desde o primeiro ano”, explican desde a Delegación de Deportes.
A inscrición pode realizarse ata esa data na Casa da Xuventude, ou ben entregarla ao monitor correspondente en cada parroquia a partires do 15 de outubro, que é cando da comezo a ximnasia de mantemento. Desde a Concellaría de Deportes lembran que “será preciso presentar un informe médico de conforme se pode realizar a actividade física da ximnasia de mantemento”. A cota mensual será de 15 euros.
A ximnasia de mantemento impartiráse do 15 de outubro ao 16 de maio. En Vilaframil será os luns e os mércores de catro a cinco da tarde. Na Devesa será os martes a cinco a seis e os xoves de 16:40 a 17:40 horas. En Vilaousende haberá ximnasia de mantemento os luns e mércores de 17:30 a 18:30 horas. En Rinlo será os martes de 18:15 a 19:15 e os xoves de 17:45 a 18:45 horas. En Vilela será os luns de 18:30 a 19:30 horas e os mércores de seis a sete da tarde. En Ove haberá clases os martes e os venres de 18:30 a 19:30 horas. En Vilaselán serán os luns de oito a nove da noite e os xoves de sete a oito da tarde. En Couxela serán luns e mércores de oito a nove da noite. En Noceda martes e xoves de oito a nove da noite. Haberá tamén ximnasia de mantemento os luns e mércores en Cedofeita de 21:10 a 22:10 horas e en Remourelle luns e mércores de 21:30 a 22:30 horas.
Escolas deportivas municipais
A Concellería de Deportes amplía o prazo de inscrición nas Escolas Deportivas Municipais ata o vindeiro venres, 5 de outubro.





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



