Burgo, ”moi preocupada” pola supresión por parte do Goberno de Feijóo de másteres “esenciais” no Campus de Lugo: “Van conseguir que non teñamos nada”
-“Están rompendo todas as posibilidades que ten esta provincia de ter unha economía produtiva e de valor engadido”, lamentou a socialista tras coñecer que eliminan os másteres de Economía Leiteira e Investigación Aplicada
-“A factura que hai que pasarlle ao señor Feijóo é a das urnas”, respostou tras as verbas do candidato popular, que dixo que se a Xunta non cumpre coas promesas en Sanidade, a xente pode pasarlle as facturas. “En Lugo, un infartado ou unha persoa con cancro ten menos esperanza de vida que noutras provincias”, lembrou
A cabeza de lista do PSdeG-PSOE en Lugo, Concepción Burgo, amosouse esta mañá “realmente preocupada” pola situación “moi grave” da supresión por parte da Xunta de dous masteres “esenciais” do campus de Lugo, un sobre Economía Leiteira na Politécnica e outro sobre Investigación Aplicada en Veterinaria. “É inadmisible que a Xunta recorte en educación e ademais sen ningunha causa, porque un deles tiña nove alumnos e perdeu un por culpa de que non hai becas para os estudantes”, explicou Burgo, que ademais é profesora titular do Campus de Lugo, onde foi decana da Facultade de Humanidades. “Desde a Xunta están forzando que non se estude na Universidade e ademais están rompendo todas as posibilidades que ten esta provincia para ter unha economía produtiva e de valor engadido”, destacou. A socialista chamou a que “toda a cidadanía de Lugo e de Galicia resposte” a isto. “A Universidade é o noso maior activo, e por riba van sobre un sector que xa estrá moi prexudicado, que precisa a investigación para poder saír adiante. Todos os discursos do PP sobre a Universidade son falsos, son mentiras, e dígoo con todas as letras”, afirmou Burgo, que destacou que o PP “rebaixou primeiro todos os orzamentos da Universidade un 25%, un 11% en investigación e innovación, e agora veñen a polo campus de Lugo”.
“Non podemos consentilo. Isto xa é o último que podía facer a Xunta, e aínda nos valida máis para dicir que a esta xente hai que apartala do Goberno; van conseguir rormper con todo e que non teñamos nada”, censurou Burgo. “Eu non estou disposta a que a xuventude do noso país non poida estudar, non estou disposta a que a investigación, que é o sector do futuro, sexa maltratado e apartado por culpa dunha Xunta que nin ten proxecto económico, nin sabe o que é a investigación, e que quere facer unha economía baseada en soldos baixos”, afirmou . “Xa farta de todo”, chamou a que “se vote por un partido de progreso que rompa con esta dinámica que vai acabar con todos nós. Quedar na casa non axuda para nada, é máis, dá votos ao PP. Se queremos que se destrocen todos os servizos desta provincia e as posibilidades de futuro e as esperanzas da nosa xuventude, entonces que se vote ao PP. Se non, hai que tomar unha iniciativa, que é o voto o día 21”, concluíu.
Sobre a sanidade: “A factura que hai que pasarlle a Feijóo e a das urnas”
Tras ser preguntada sobre que lle parecen as declaracións de Alberto Núñez Feijóo, que aegurou que de non cumprir os compromisos en Sanidade, a xente pode pasarlle a factura á Xunta, Concepción Burgo, asegurou que “a factura que hai que pasarlle é a das urnas”.
“Non cumpiru nin un só compromiso. Aí temos o Hospital de Lugo, sen radioterapia, sen hemodinámica; a esperanza de vida dos lucenses que teñan un infarto ou un cancro é menor aquí que noutras provincias, as listas de espera creceron, hai menos quirófanos, 1.800 sanitarios menos en Galicia”. Ante isto, Burgo incidiu en que “claro que hai que pasarlle unha factura ao señor Feijóo, hai que pasarlle unha factura democrática nas urnas a esta xente que non ten nin sensibilidade nin proxecto de futuro”.










Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



