O CONCELLO ORGANIZA EN COLABORACIÓN COA DEPUTACIÓN DE LUGO DOUS CURSOS GRATUITOS SOBRE NOVAS TECNOLOXÍAS, QUE SE IMPARTIRÁN A PARTIRES DO 19 DE NOVEMBRO. A INSCRICIÓN ESTÁ XA ABERTA.
Ribadeo, 2 de novembro de 2012. O Concello organiza en colaboración coa Deputación de Lugo dous cursos gratuitos sobre novas tecnoloxías.
O alcalde, Fernando Suárez, sinalou que “unha vez máis, o Concello de Ribadeo, e como ocurre xa noutras actividades programadas, mostra e ratifica o seu absoluto compromiso coa formación das veciñas e veciños no eido das novas tecnoloxías e a prol do seu uso e inmersión, garantindo, deste xeito, unha accesibilidade e igualdade de oportunidades para todas as interesadas e interesados”.
O Concello está a organizar en colaboración co centro de innovación social IN LUGO da Deputación Provincial dous cursos gratuitos sobre novas tecnoloxías. Un versará sobre Emprego, na web encontrarlo e outro sobre A túa ventá ao mundo. Crea o teu blog.
Os cursos impartiránse os días 19, 20 e 21 de novembro no telecentro, rúa Antonio Otero, 15. Os horarios serán para o primeiro dos cursos de 16 a 18 horas e o segundo desenvolveráse entre as 18 e as 20 horas.
O rexedor indicou que “para inscribirse os interesados deben facelo on line na páxina web da Deputación de Lugo www.diputacionlugo.org, premendo no logo IN LUGO. Ademáis poden obter máis información no teléfono 982 22 51 86. As prazas son limitadas”.






A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.