A XUNTA DE PERSOAL DA ÁREA NORTE DA MARIÑA, acordou por unanimidade, emitir un pronunciamento de apoio á convocatoria de FOLGA XERAL do 14-N, ante as políticas de recortes sociais e supresión de dereitos dos traballadores e traballadoras decretadas polo Goberno. Unha convocatoria que se produce no marco da Xornada de Acción e Solidaridade Europea, para esixir ao Goberno o cambio da súa política económica e social.
A Xunta de Persoal reclama que se poña fin aos recortes sociais e esixe un cambio radical das políticas que se están aplicando para enfrontar a crise, porque “non serven para crear emprego; agravan a situación económica e afúndennos na recesión; renuncian a una política fiscal que mellore os ingresos do Estado; debilitan a protección social e as políticas sociais; contribúen a agrandar a pobreza e a exclusión e prexudican á maioría da sociedade e solo benefician ás elites económico-financeiras”.
Fronte a iso, reclaman outra política que dea prioridade á reactivación económica e á creación de emprego, “dedicando especial atención á mocidade, que aposte por outro modelo produtivo, un desenvolvemento sostible, un sector industrial máis dinámico con maior inversión en I+D+i, un sistema educativo que garanta ao mesmo tempo calidade e equidade” e unha sanidade pública e universal na que a privatización non teña cabida.
Esixen ademais a “reversibilidade da reforma laboral” e que se reforcen as prestacións por desemprego, que se garanta a revalorización das pensións e que restablezan as políticas sociais e os servizos públicos como alicerces básicos do Estado de benestar.
Acordan promover a “rexeneración dos nosos sistemas democráticos”, que en Europa pasan, explican, por “refundar a UE a partir dun novo contrato social, unha verdadeira unión fiscal, económica, política e sobre todo social”. No caso do estado español, esa rexeneración, afirman “pasa por esixir ao Goberno que someta a referendo as políticas que está aplicando e que non figuraban no seu programa electoral”.
Por todo isto, fan un chamamento a secundar a folga e participar na manifestación en Burela ás 12h. con saída dende a estación de servizo Vista Alegre, porque “só seguindo na loita poderemos darlle a volta a estas políticas de ataque, entre outras, contra o emprego público”.

























Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.



