XXIVª TIRADA DE BOLOS – XIIIª SUB 16 – IVª LIGA FEMININA
(TEMPORADA 2012/2013)
Organiza: Concellería de Cultura do Concello de Xove
Colaboran: IES Illa de Sarón de Xove
INCIDENCIA DA 6ª TIRADA
(Centro Social de A Vara – Sábado, 10 de novembro 2012)
| CAMPEONATO DE BOLOS DE CENTRO SOCIAL DE A VARA (10 NOVEMBRO 2012)
35 INSCRITOS: 22 NA LIGA SENIOR, 5 NA LIGA SUB 18 E 8 NA LIGA FEMININA |
|||
| CLASIFICACION | NOME | TANTOS | PUNTOS |
| LIGA SENIOR | |||
| PRIMEIRO | ÓSCAR PÉREZ MEITÍN | 286 | 12 |
| SEGUNDO | JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ | 284 | 10 |
| TERCEIRO | CÉSAR CANCELOS LÓPEZ | 275 | 8 |
| CUARTO | ALEX MEITÍN SERANTES | 248 | 7 |
| QUINTO | ARTURO VIGO CASABELLA | 240 | 6 |
| SEXTO | AUGUSTO ALBO OCAMPO | 232 | 5 |
| SÉTIMO | JOSE VIGO LAGE | 224 | 4 |
| OITAVO | FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ | 221 | 3 |
| NOVENO | JOSÉ MANUEL COCIÑA RIVERA | 217 | 2 |
| DÉCIMO | CARLOS JAVIER RODRÍGUEZ CASABELLA | 216 | 1 |
| MELLOR BOLADA | CARLOS JAVIER RODRÍGUEZ CASABELLA | 85 | 1 |
| LIGA SUB 18 | |||
| PRMEIRO | SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ | 143 | 6 |
| SEGUNDO | DANIEL LÓPEZ FERNÁDEZ | 95 | 4 |
| TERCEIRO | LARA RODRÍGUEZ BAÑO | 69 | 3 |
| CUARTO | ISAIAS CARDOSO RODRÍGUEZ | 57 | 2 |
| QUINTO | RAQUEL COCIÑA PIÑEIRO | 51 | 1 |
| MELLOR BOLADA | SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ | 53 | 1 |
| LIGA FEMININA | |||
| PRMEIRO | CARMEN ROCA CORRAL | 176 | 6 |
| SEGUNDO | CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ | 122 | 4 |
| TERCEIRO | BELÉN MEITÍN ROUCO | 81 | 3 |
| CUARTO | SALOMÉ BERMÚDEZ BEN | 68 | 2 |
| QUINTO | PAULA CAMPO SUÁREZ | 66 | 1 |
| MELLOR BOLADA | CARMEN ROCA CORRAL | 55 | 1 |
Excelente participación con 35 inscritos: 22 na Liga Senior, 8 na Feminina Senior e 5 na Sub 18. Tarde moi chuviosa, o que fixo que o campo se foi complicando para os xogadores/as, sobretodo para os menos potentes.
Liga Senior Masculina.- Arturo Vigo recupera o liderato xa que Sócrates Campo non foi capaz siquer de puntuar, o que fai que caiga ata o terceiro posto. En segundo lugar temos a José Rafael con 43 puntos, quen xunto con César Cancelos e Arturo Vigo son os únicos xogadores que puntuaron nas 6 tiradas celebradas. Como conclusión, decir que temos moita igualdade na cabeza, sen ningún favorito claro, iso sí, con varios dos favoritos principais moi ben posicionados para o trunfo final, inda que queda moita liga por disputar.
Liga Senior Feminina.- Arreón da actual campiona, quen vía que se lle estaba escapando Belén Meitín, e coa victoria acadada na Vara recorta sustancialmente a diferencia con Belén, quedando en 27 e 23 puntos respectivamente. Teceira continúa Conchita Piñeiro con 19 puntos, quedando xa un pouco descolgada outra das favoritas, como é Dolores Baño, que foi campiona hai un par de anos. As restantes xogadoras, máis distanciadas.
Liga Sub 16.- Reacción enrabietada de Salomé Cardoso, a quen non lle gustou nada perder o liderato a semana pasada. A súa victoria e mellor bolada permítenlle recuperar o liderato, iso sí, cun solo punto de ventaxa respecto a Daniel López. Quen se está quedando un pouco descolgado é o outro dos grandes favoritos, Isaias Cardoso, quen se está mostrando moi irregular nas últimas tiradas.
A vindeira tirada vai ter lugar no Centro Social de Vilachá ESTE VINDEIRO SÁBADO 17 DE NOVEMBRO, a partires das 15:00 horas (3 da tarde).






















A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
