Voto contra do seu pobo, contra o Museo do Mar
Unha das razóns que provocan un amplo distanciamento entre a cidadanía e os políticos é a incapacidade dalgún destes últimos por manter un discurso coherente e unha posición idéntica, para o mesmo tema, segundo o lugar no que se atopen. Non é sinxelo comprender como é posible que unha mesma persoa que defende unha iniciativa no seu concello vaia despois á Deputación de Lugo, por exemplo, e vote todo o contrario.
Foi isto o que aconteceu no último pleno provincial cando Lara Méndez –concelleira socialista en Cervo e vicepresidenta segunda da Deputación- que no seu concello tiña votado favorablemente a unha iniciativa reclamando a ampliación do Museo do Mar de San Ciprián, levantou despois a man para rexeitar unha moción do Grupo Popular Provincial, coa mesma petición. En resumo, un voto totalmente contraditorio e lesivo cos intereses do seu pobo.
Desde o Partido Popular, en Cervo e en Lugo, sempre mantivemos idéntica posición. Defendemos que o Museo Provincial do Mar constitúe unha icona para a bisbarra e sobre todo para o pobo de San Ciprián, como elemento esencial da súa identidade e como espazo de promoción, posta en valor e enxalzamento do patrimonio cultural, marítimo e pesqueiro de toda a provincia. Entorno a 18.000 visitas de lucenses e turistas así o avalan.
Amplialo non se trata dun capricho senón dunha necesidade. Cando fai tempo o museo conmemoraba o seu corenta aniversario, puido evidenciarse que o actual edificio quedaba pequeno non só para albergar as coleccións propias do museo senón incluso ás máis de 1.500 pezas catalogadas, procedentes moitas de depósitos altruístas de moitos lucenses. De feito a actual xerencia viuse na obriga de almacenar -nunhas condicións nefastas e como mínimo cuestionables- gran parte do material en posesión do museo nuns contenedores metálicos dispostos no patio traseiro do museo.
Tanto distintos colectivos, como o Concello de Cervo así como o conxunto da sociedade, vén reivindicando a necesidade de difundir e ampliar o museo do Mar máis antigo de Galicia, o noso. Hoxe esta decisión é urxente, pois temos unha oportunidade única como é a adquisición dos terreos anexos, evitar que futuras construcións encaixonen o museo e limiten a súa ampliación. Oportunidade que contrasta coa sordeira e desprezo dos actuais dirixentes do bipartito provincial.
Está claro que en política sobran comportamentos tan contraditorios e negativos como os que tivo a socialista Lara Méndez. Pola mañá di estar ao lado dos seus veciños e pola tarde, vota en contra do seu pobo. Non ten sentido que a Deputación dispoña de cartos para paseos con helicópteros, pasarelas de moda ou propaganda, para financiar unha gardaría en Paraguai ou á fundación cultural da UPG e non para o Museo do Mar. Pero os veciños saben tomar boa nota e recoñecen a aqueles que unha e outra vez poñen obstáculos e defraudan aos cidadáns aos que din representar.
Jose Manuel Balseiro Orol






















As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



