O parlamentario popular salienta que esta decisión implica un importante reforzo da seguridade e vixilancia na área marítima do litoral norte lucense
BALSEIRO SATISFEITO TRALA CONFIRMACIÓN OFICIAL DO DESPREGUE DA GARDA CIVIL DO MAR EN VIVEIRO
Lembra que o PPdeG promoveu no Parlamento de Galicia en xuño de 2009 un acordo instanto ao Ministerio do Interior a dotar a este servizo de efectivos policiais suficientes, acordo que non contou co apoio de PSOE e BNG e que se atopou co desprezo e desinterese do Goberno socialista central
Santiago, 19 de decembro de 2012.- O portavoz do Mar do Grupo Popular e Secretario do Parlamento galego, Jose Manuel Balseiro, amosou hoxe a súa satisfacción trasla confirmación oficial do despregue da Garda Civil do Mar en Viveiro. Onte mesmo o novo director xeral da Benemérita, Arsenio Fernández de Mesa, asinou a orde para a creación dunha unidade no concello mariñán tras anos de espera.
O Partido Popular fai realidade así un compromiso adquirido coa veciñanza de Viveiro e do conxunto da Mariña que servirá para reforzar e mellorar a vixianza e seguridade da costa lucense. Balseiro contrasta a capacidade de resolver problemas e carencias en materia de servizos do Partido Popular coa actitude sempre obstruccionista do PSOE que por exemplo gobernando na Alcaldía de Viveiro durante xa tres lexislaturas, foi incapaz de lograr este acordo
Ao mesmo tempo esta decisión implica o cumprimento dun acordo firme do Parlamento de Galicia e a toma en consideración dunha petición expresa que na pasada lexislatura fixo a Xunta ao Ministerio do Interior.
ACORDO PARLAMENTARIO
Balseiro lembra que el como deputado e en nombre do Grupo Parlamentario Popular promoveu no Cámara galega un acordo aprobado en en xuño de 2009 e no que se lle instaba ao Ministerio do Interior a dotar a esta sede vivairense de efectivos policiais suficientes. Naquel momento o acordo non contou co apoio de PSOE e BNG e atopuse co desprezo e desinterese do Goberno socialista central que incluso chegou a negar por escrito a súa vontade de reforzar este servizo.
A XUNTA POPULAR TAMÉN LIDEROU A DEMANDA
O Goberno autonómico do Partido Popular tamén liderou esta demanda e foi na pasada lexislatura cando o daquela director xeral de Relacións Parlamentarias, Roberto Castro, confirmou a preguntas de Jose Manuel Balseiro que a Xunta cursou unha queixa formal ante o Ministerio do Interior polo esquecemento dun servizo chamado a ofrecer seguridade e vixilancia na área marítima do litoral norte galego.
PROMESAS INCUMPRIDAS
Logo do remate dos trámites que comezan coa sinatura da orde do director xeral de Garda Civil e a determinación do emprazamento exacto do que disporán os futuros axentes, o Goberno central popular fará realidade un compromiso que constituíu un máis que flagrante incumprimento do Goberno socialista de Zapatero iso a pesar de que, en outubro de 2005 o por entonces subdelegado de Goberno en Lugo, Jesús Otero, anunciou que dotaría de efectivos estas instalacións que o servizo marítimo da Garda Civil ten no porto deportivo de Viveiro.