A ordenanza aprobouse en xuño co voto en contra do PP que presentou alegacións ao respecto sendo desestimadas polo bipartito local
Mondoñedo, 4 de xaneiro de 2013- O Partido Popular de Mondoñedo alerta de que a Ordenanza de Inspección Técnica de Edificios, aprobada co voto en contra dos populares, entra en vigor e os propietarios dos inmobles teñen de prazo este mes para a obtención do informe técnico correspondente que avala o estado das edificacións. Os populares fan estas declaracións co obxecto de manter informados aos veciños dado a irresponsabilidade do bipartito mindoniense que non foi quen de explicarlles aos veciños o que conleva a Ordenanza Reguladora da Inspección Técnica de Edificios.
A portavoz popular, Elena Candia, explica que o deber de conservación que impón esta ordenanza farase mediante a obtención por parte do propietario dun informe expedido polo técnico competente que consigne o resultado da inspección realizada. Así, explican os populares que son alcanzados por esta ordenanza todas as edificacións situadas no termo de Mondoñedo, con independencia do seu destino, que conten cunha antigüidade superior aos 50 anos ou se atopen catalogados ou protexidos polo Plan Xeral de Ordenación Urbana, Plans Especiais de Protección ou Catálogos. Así, quedan excluídas as que estean declaradas en ruína ou sometidas a expediente de ruína, mentres non exista resolución firme.
Os populares presentaron no seu momento alegacións solicitando que o custe fose ou ben a cargo do Concello ou ben correspondera a inspección a técnicos municipais; que foron desestimados polo equipo de goberno e sendo polo tanto os propietarios os que deben asumir os custes dos honorarios que roldan os 200 euros.
Neste senso, a portavoz popular, Elena Candia, explica que a ordenanza recolle un réxime sancionador por incumprimento, dado que o que non realice a inspección en prazo será sancionado cunha multa que estará entre os 300 a 6.000 euros.
Candia lamenta que a nova ordenanza, aprobada polo bipartito municipal co voto en contra do PP, funcione na práctica como un novo imposto a todos os veciños con edificación de máis de 50 anos, que deberán asumir do seu peto o elevado custe deste informe técnico, se queren pasar a inspección e evitar así a multa prevista en caso de incumprimento.
Ante esta situación, os populares están a estudar unha iniciativa para levar a pleno na que instarán ao equipo de goberno a que cando menos prorrogue o prazo para a realización do ITE.
Os populares denuncian que a alcaldía non só non é sensible ao contexto de dificultade actual polo que pasan moitas familias senón que ademais vese incapaz de buscar fórmulas alternativas que, garantindo a calidade e conservación das edificacións, non supoñan un prexuízo económico para os veciños.
Alegacións do PP
Candia lembra que no seu momento os populares presentaron alegacións a Ordenanza Reguladora da Inspección Técnicas de Edificios, nas que solicitaban que o custo derivado de obtención do correspondente informe ou ben fora a cargo do Concello ou ben correspondera esta inspección de edificacións aos servizos técnicos do órgano municipal.
Así mesmo, dende o Grupo Popular pedían a introdución dun novo artigo no que se establecía a elaboración por parte da Administración municipal dun Padrón de Edificios suxeitos a inspección. De igual maneira, engadían que no caso de que do informe do ITE resultara a necesidade de acometer medidas inmediatas de seguridade; se establecera unha orde de execución destas medidas fixando un prazo de concreción para a súa execución.
No caso de que os propietarios interesados nos procedementos de ordes de execución consideren que as obras de actuación que o Concello pretende ordear exceden os límites do seu deber de conservación; o PP solicitou que estes puideran solicitar subvencións que se preverían, no seu caso, por declaración do estado ruinoso da edificación.
As alegacións presentadas polo Grupo Municipal Popular foron rexeitadas polo bipartito de Mondoñedo, aprobándose esta ordeanza no pleno do 14 de xuño, co voto en contra do Partido Popular. Así, publicouse no BOP do 26 de xuño, entrando en vigor 30 días hábiles da súa integración no Boletín Oficial da Provincia e dispoñéndose dun prazo máximo de seis meses para a presentación do informe técnico.

















Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.