A Xunta Directiva Provincial decidiu na tarde-noite de onte que Burela acollería o conclave dos populares lucenses a celebrarse o 2 de marzo
Balseiro sinala o “histórico” de que A Mariña acolla o próximo Congreso Provincial do PP de Lugo e di que supón un recoñecemento á comarca
A Mariña, 12 de xaneiro de 2013.- O secretario do Parlamento galego e deputado mariñán José Manuel Balseiro amosou a súa “felicidade e agradecemento” pola decisión do Partido Popular de Lugo de escoller á localidade mariñá de Burela para emprazar o seu próximo Congreso Provincial. Esta será a primeira vez na historia na que unha cita destas características -o conclave dos populares lucenses, no que se elixe a estratexia do partido e os órganos de dirección para os vindeiros tres anos- se traslade fóra da capital provincial “e farao precisamente á Mariña”.
RECOÑECEMENTO Á MARIÑA E AO PP DA COMARCA
Segundo Balseiro este xesto supón un “recoñecemento á cada vez maior importancia desta comarca no conxunto da provincia”, tanto desde o punto de vista de poboación como económico e social. O parlamentario galego dixo tamén que si a decisión de Feijóo de facer de Lugo cidade a sede do Congreso autonómico tiña por obxecto “premiar” á provincia, a proposta de Barreiro de facer da Mariña a sede do Congreso provincial vai tamén nesa mesma dirección. Por iso describiu esta decisión tamén como un xesto “de agarimo e valoración” cunha comarca na que o traballo intenso das distintas agrupacións locais, alcaldes, portavoces, afiliados e simpatizantes “fixo que souberan dar a talla, estar á altura e acadar uns excelentes resultados electorais”.
Balseiro lembrou que nos últimos comicios tanto xerais como autonómicos o Partido Popular foi a forza máis votada en todos os concellos da Mariña. Se extrapolamos os resultados dos comicios galegos e xerais a unhas municipais o PP obtería maioría absoluta e, polo tanto, a alcaldía en todos os concellos da comarca. “Grazas ao apoio social recibido hoxe temos un deputado nacional e dous autonómicos e tres provinciais, veciños e representantes da Mariña lucense no Congreso, Parlamento de Galicia e Deputación”. Tamén lembrou que nas municipais foron quen de arrebatar ao bipartito as alcaldías de Burela e Foz ou ser a forza máis votada en Mondoñedo e Viveiro, mostra dunha confianza social crecente.
AFRONTAR OS PRÓXIMOS RETOS
Nunha valoración dos últimos tres anos que transcorreron desde o anterior Congreso provincial Balseiro sinalou a “capacidade e valía” do actual presidente provincial do Partido Popular de Lugo, Jose Manuel Barreiro, de cuxo equipo “síntome honrado de formar parte” e agradeceu especialmente este xesto de “agarimo” coa súa segunda terra, A Mariña lucense. “A Mariña ten moito que recoñecerlle a Barreiro, entre outras cousas, a súa mediación diaria para acadar unha solución positiva, unha tarifa competitiva capaz de fortalecer o futuro dos traballadores de Alcoa”.
O deputado popular tamén considerou especialmente axeitado aproveitar estes primeiros meses do ano para escoller as estruturas directivas do partido xa que nos últimos 18 meses tiveron lugar citas electorais importantes como as municipais, xerais e autonómicas e, por tanto, unha vez testada a opinión dos cidadáns respecto ao traballo realizado nos últimos anos, agora chegou o momento de que o partido elixa aos equipos cos que afrontar os próximos retos. Balseiro sinalou finalmente a necesidade de que o PP siga respondendo á confianza que os cidadáns depositaron con traballo, medidas e reformas que fagan posible afrontar ás dificultades e moi particularmente o reto da recuperación e o crecemento.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



