DURANTE O 2012 EN BURELA CADA PERSOA CONSUMIU DE MEDIA 129 LITROS DE AUGA AO DÍA, UN 4% MENOS QUE O ANO ANTERIOR. O CONCELLO ACADA ASÍ O MELLOR REXISTRO DESDE O 2000, SEGUNDO PATRICIA LÓPEZ EIJO.
Burela, 23 de xaneiro de 2013. En Burela o consumo de auga de uso doméstico por habitante e día descendeu nun 4% durante o pasado ano, segundo os datos que hoxe deu a coñecer a concelleira de Medio Ambiente, Patricia López Eijo.
O valor da taxa de consumo correspondente a 2012 sitúase en 129 litros por habitante e día. A edil popular subliñou que “dito dato está por debaixo do valor galego correspondente ao ano 2010 que se sitúa en 132 litros por habitante e día”. E lembrou que “a media galega de consumo supera os 130 litros por habitante e día desde o ano 2002”.
López Eijo tamén comparou os datos de Burela do ano pasado cos últimos dispoñibles a nivel nacional, que son do 2010, “a diferencia entre o consumo municipal e a media estatal está en 15 litros, o que supón un consumo local inferior en máis dun 10% respecto a esa media nacional. Ademáis, convén destacar que nese ano, no 2010, a valor da taxa de consumo a nivel estatal acada o menor valor desde o 2000”.
A concelleira de Medio Ambiente indicou que “a reducción do consumo de auga por habitante e día o ano pasado en Burela é 5 litros inferior a 2011. Iso supón que os veciños do noso concello reduciron o consumo de auga de uso doméstico en 17.625 metros cúbicos. Esta reducción equivale ao consumo realizado nos fogares bureleses durante catorce día do ano 2012”.
López Eijo anima ás veciñas e aos veciños de Burela “a seguir facendo un consumo responsable da auga”.
























As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



