A POLICÍA LOCAL SANCIONARÁ SEN CONTEMPLACIÓNS AOS PROPIETARIOS DOS CANS QUE PASEEN CEIBOS POR RIBADEO E AOS QUE NON RECOLLAN OS EXCREMENTOS DAS SÚAS MASCOTAS, SEGUNDO ASEGURABA ESTA MAÑÁ FERNANDO SUÁREZ.
Ribadeo, 28 de xaneiro de 2013. A Policía Local sancionará sen contemplacións aos propietarios dos cans que paseen ceibos polo concello de Ribadeo e aos que non recollan os excrementos das súas mascotas. O alcalde, Fernando Suárez, asegura que a diario lle chegan queixas da presenza de defecacións dos cans en zonas coma a rúa Transversal, o casco vello ou a rúa Irmáns Moreno Ulloa. O rexedor fai unha chamada á conciencia de civismo da cidadanía, considera que é unha vergoña que se produzan esas situacións e advirte que a Policía Local será inflexible.
Suárez Barcia sinalaba esta mañá que “dos múltiples asuntos que desde o Concellos temos que levar, particularmente hai un deles que parece unha cousa menor, pero danos moita rabia e síntome moitas veces incapaz de poñerlle couto e conseguir que a educación e o civismo da cidadanía conleve unha maior educación para que os propietarios de cans teñan un pouco de sentidiño coas defecacións, coas cagadas dos cans, por dicilo de xeito vulgar, que están a invadir as beirarrúas e os nosos espazos públicos”.
O alcalde indicou que “hai zonas coma as rúas Transversal ou Irmáns Moreno Ulloa ou determinados lugares do casco vello que son unha vergoña e son pasto das críticas de moitos veciños que o transmiten ao alcalde, ao concelleiro de Medio Ambiente, ou mesmo nas redes sociais proliferan estas fotos que me da noxo ver e que me da vergoña”. Fernando Suárez engadiu que “aparte de apelar ao sentidiño, á conciencia de civismo e a que a cidadanía tome conciencia de que isto non pode ser así teño advertido á Policía Local para que sexa inflexible e que cando vexa, detecte ou atope a algún propietario dun can que estea a defecar sen que o dono se faga cargo deses excrementos sexa denunciado. Xa non estamos nunha fase de concienciación e advertencia amigable, senón que todos aqueles propietarios de cans que estean ceibos, que caguen na rúa e que non se fagan cargo deses excrementos (os seus donos) serán sancionados sen máis contemplación nin máis apelación a nada”.
O rexedor considera que “temos que entre todos facer un Ribadeo máis limpo e máis humano. De pouco serve que o Concello renove as rúas, os pavimentos, coloque árbores, si despois a cidadanía ten que ir coa mirada fixa no chan para tentar non pisar os excrementos dos cans. Confío en que a ver si desta vez a cidadanía da exemplos de madurez e si entre todos conseguimos que isto sexa un lugar europeo, como nos gusta dicir, e que moitas veces parece máis un lugar terceiromundista que do primeiro mundo no que ten que ver coas cagadas dos cans”.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



