O PP local promove a través dunha iniciativa plenaria a modificación da ordenanza reguladora das covas do Rei Cintolo e o inicio das xestións para a creación dun museo de imprenta
Mondoñedo, 30 de xaneiro de 2013- A través dunha moción para o impulso do turismo que será obxecto de debate no vindeiro pleno, o Partido Popular de Mondoñedo insta ao goberno local a que inicie de xeito inmediato unha mesa de traballo para adaptar a actual contexto a ordenanza reguladora do uso das covas do Rei Cintolo, así como os contactos necesarios para a creación dun museo da imprenta en Mondoñedo.
Para os populares a mesa de traballo para adaptar a ordenanza reguladora ao actual contexto, debe contar coa máxima participación posible, e nela colaborarían entidades coñecedoras da cova, así como empresas privadas con proxectos para a súa explotación e asociacións representativas.
Segundo explica a portavoz do PP local, Elena Candia, a cova é un reclamo a optimizar e sobre todo a empregar de xeito útil para o sector. Así, a voceira traslada a reivindicación de moitos sectores, particulares e entidades que coñecen este recurso, e que demandan unha participación na que debe ser unha actualización na normativa reguladora da cova.
A portavoz popular tamén explica que co obxecto de ordenar e poñer en valor a cantidade de recursos cos que conta a localidade, o equipo de goberno municipal non pode desperdiciar o ofrecemento feito público por parte do dono da imprenta de Mondoñedo, Sucesores de Mancebo, de que existe unha oportunidade de contar cun museo da Imprenta en Mondoñedo.
Segundo relatan algunhas publicacións a cidade mindoniense foi a segunda de Galicia en ter imprenta e nela funciona hoxe en día Sucesores Mancebo, creada en 1870 por Hermenigildo Mancebo, que contaba con imprenta de ferro de tinteiro automático, procedente da casa alemá de Carlos Blors. Con máis de 140 anos é o impresor mindoniense que máis periódicos lanzou a rúa.
Por isto, os populares instan ao goberno local a que de xeito inmediato inicie o contacto co titular da imprenta para articular a posta en marcha desta iniciativa. Neste senso e coñecedora da intención da alcaldía de cursar a reversión do edificio comarcal para o concello, Candia considera que este local sería probablemente unha ubicación adecuada para a localización das pezas que lembran a historia dunha cidade onde a imprenta tivo gran protagonismo.
Con esta iniciativa plenaria, o PP local amosa o seu compromiso de traballar nas liñas estratéxicas da localidade, “con rigor e compromiso, sendo vehiculizadores de iniciativas e demandas que o equipo de goberno debe ter en conta e posteriormente desenvolver”. Así a voceira asegura que de todos é sabido a calidade e a cantidade de recursos cos que conta Mondoñedo, “cuxa posta en valor podería supoñer un importante motor de desenvolvemento da economía local”.


















Unha actividade organizada pola Asociación Cultural pensada para promocionar os produtos de proximidade e da artesáns, nun ambiente lúdico e festivo. Produtos de horta, conservas, mel, requeixo, plantas ornamentais ou bisuteria son algúns dos produtos que se podían encontrar no mercado, que contou tamén con outras actividades como bautismos hípicos. A Vicepresidencia da Deputación colaborou un ano máis na programación do mercado cun obradoiro de coiro e animación musical.
A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



