A Plataforma de Afectados polos Abusos do Mercado Eléctrico denuncia que BEGASA se nega a cambiarlle o contador a un empresario de Viveiro a pesar de que non se poden ler as lecturas no display aducindo que eles non teñen problemas para acceder a ditas lecturas.
“Esta actitude de BEGASA coincide coa negativa sistemática da empresa a entregar certificados de lecturas de forma directa ós usuarios e obrigándoos a solicitalos a través da súa compañía comercializadora. Unha vez que o abonado solicita dito certificado a súa comercializadora non o recibe nunca ou como moito dita comercializadora limítase a contestarlle que verificadas ditas lecturas coa distribuidora todo está en orde e non remiten dito certificado ó que temos dereito”, explican dende a Plataforma. Actualmente a única forma de obter dito certificado é presentando unha reclamación en Industria e así obtelo pasado uns meses.
Desde a plataforma non entenden este empeño por parte de distribuidora e comercializadoras por impedir o atraso ó acceso ás lecturas oficiais en base as cales facturan ós abonados. “Entendemos que existe unha opacidade totalmente intencionada que soamente pode beneficiar á parte recadatoria do mercado en detrimento dos dereitos dos consumidores”, apuntan. E denuncian tamén por parte de la plataforma que “os novos equipos de Begasa non lle permiten ó cliente poder verificar ningún peche anterior, tendo que imaxinarse por aproximación cal era a súa lectura anterior.
“No caso deste empresario, verase agora obrigado a tramitar a súa reclamación a través de Industria para obter o cambio de contador, o que lle supón máis traballo e máis demora, no, solo para el senón tamén para unha administración totalmente saturada de expedientes”, denuncian.
Resposta a Alfonso Villares
Dende a Plataforma de afectados polos abusos do mercado eléctrico queren recordarlle ao alcalde de Cervo, Alfonso Villares, que a data tope para entrar no mercado libre era o 31 de xullo de 2009, e que a partir de dita data xa se empezaban a penalizar os contratos cun incremento no prezo do kilowatio do 5% trimestral. É dicir, ditos contratos deberían estar asinados xa dende xuño ou incluso maio para que en dita data non se sufrise xa a penalización.
“Segundo recoñece Villares – recordan dende a plataforma- en novembro de 2009 ditos contratos non estaban asinados, polo que cando presentou a documentación á Deputación xa levaba case cinco meses de penalización; e, ademais, dende setembro esta penalización xa era do 10%”. Dende a plataforma entenden tamén que un concurso público por lei leva tempo, polo que para cando se adxudicase dito concurso a penalización que estaría sufrindo o Concello xa sería do 15 % como mínimo. “Dende a plataforma cremos que Villares é responsable directo de ditas penalizacións que se pagaron co diñeiro público como el moi ben remarca; polo que nos preguntamos de que salario do erario público van saír os euros necesarios para resarcir ós veciños do Concello de Cervo”. Se o 5% do que é responsable a Deputación segundo Villares supoñen 7.000 euros, é lóxico pensar que o 10% anterior serían como mínimo 14.000 euros que pagou o Concello de Cervo.
Dende a plataforma animan a Villares a que se sume ás súas peticións en canto a solicitar a documentación dos contadores dixitais instalados no seu municipio e dos cales o Concello é o responsable por lei de que cumpran con todos os requisitos legais existentes. “Postos a aforrar, o verificar que ditos contadores non están homologados podería supoñer o pedir a anulación de todas as lecturas emitidas en base ós mesmos, é dicir suporía anular toda a facturación emitida en base ás lecturas aportadas por ditos equipos de medida. Entendemos que esta debería ser unha prioridade para o Concello, xa non só por cumprir coa normativa vixente senón tamén polo importante da contía económica a reclamar, pagada por suposto co diñeiro público”, engaden.
“Solicitamos por tanto por parte do Concello que inicie a solicitude de dita documentación á Xunta de Galicia, a pesar de que isto puidera supoñer un problema para os seus compañeiros da Xunta encargados de velar por que os contadores instalados na rede cumpran con todos e cada un dos regulamentos existentes”, afirman. Ademais, conclúen dicindo que “dende a plataforma non nos cabe dúbida de que o señor Villares mirará antes polos intereses dos veciños do Concello de Cervo que dos problemas que podería acarrearlle ós seus compañeiros da Xunta de Galicia”.







A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.