CADERNOS DA VIAXE. HA ABDICAR.
A alta probabilidade de que El Rei renuncie nos vindeiros meses está moi vencellada á depreciación pública da súa figura e ao desgaste da propia Institución, sometida aos furacáns Urdangarín, Botswana e Corinna. Mais o que non se adoita salientar na mesma medida é a evidente conexión entre o devalo da Monarquía e o dos alicerces esenciais do réxime da transición, entre eles a ocupación bipartidista do Poder, o modelo partitocrático de elites cada vez máis pequenas que dirixen burocracias cada vez máis grandes, o afastamento da política a respecto da cidadanía e máis a aposta por un capitalismo castizo de BOE, baseado máis nas prácticas de avantaxe nas empresas reguladas do IBEX 35 ca nas regras dunha economía eficiente e dunha libre concorrencia empresarial na que moitos dín acreditar e poucos defenden.
Xa que logo, a decadencia da Monarquía reflicte tamén a decadencia dun sistema político-institucional que xa é moito máis un problema ca unha solución e atópase absolutamente esgotado para estruturar a nosa convivencia cidadá. Velaí que unha abdicación poida ser vista por sectores do PP e do PSOE como unha medida de axuste lampedusiano que permitiría sobrevivir, no esencial, este modelo esgotado.
Mais semella que, monárquica ou republicana a saída, é obrigada unha fonda reestruturación do sistema xurídico-político, nomeadamente no que atinxe aos valores de transparencia e renovación democrática, á viabilización do Estado de Benestar e ao recoñecemento e garantía da plurinacionalidade do Estado.
Calquera outra saída non sería máis ca un remendo.
A ARRINCADEIRA: QUE AURELIA FIQUE NA SÚA CASA.
Aurelia ten na súa contra unha sentenza definitiva. Mais os acontecementos vividos nos últimos días e a propia inxustiza e inconveniencia social do seu desafiuzamento haberían facer reflexionar ás dúas partes en litixio para tentar un acordo que garanta por riba de todo o dereito á súa vivenda por parte de Aurelia Rey, ou polo menos o dereito a unha vivenda digna na súa contorna.
O que a ninguén lle pode convir é o espectáculo dun desafiuzamento “manu militari” ou a adopción de medidas contra uns bombeiros que só cumpriron co seu deber de servidores públicos.





A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.