Foz, 13 de marzo de 2013.- O BNG de Foz quer manifestar o seu malestar diante da resolución do Ministerio de Fomento pola que aprobou de forma definitiva o Estudo Informativo da Autovía Barreiros-San Cibrao e que foi publicada o pasado día 23 de febreiro no BOE. Unha vez tido coñecemento desta resolución, da a impresión de que non se tiveron en conta algunha das alegacións que o BNG fixera ao trazado da Autovía ao seu paso polo termino municipal de Foz, sobre todo no que respecta ao cambio de trazado ao seu paso pola parroquia de San Martiño.
O BNG fixera varias alegacións, todas elas moi razoables para que se tiveran en conta por parte do Ministerio de Fomento. A primeira delas facía referencia a que se alonxara o trazado do núcleo rural de Vilasindre, en Cangas, polo impacto negativo que tiña. Neste caso, se lle facemos caso á Declaración de Impacto Ambiental de 25 de novembro de 2011, entendemos que o trazado vaise desprazar lixeiramente cara ao este, co que a afección sobre o núcleo rural sería menor.
A segunda das alegacións do BNG, e sen dúbida a de máis transcendencia, propoñía que se viabilizara unha alternativa de trazado que non supuxera o impacto paisaxístico, visual e social tan grave que se produce sobre a Basílica de San Martiño de Mondoñedo, xoia do prerománico galego, declarado Monumento por parte do Estado Español e Ben de Interese Cultural pola Xunta de Galiza. O propio Ministerio admitiu desde un principio que “o impacto paisaxístico (causado especialmente polo viaduto e os desmontes) era “apreciable”, pero o certo é que tanto o Goberno Zapatero como o Goberno Rajoy non consideraron modificar o trazado. O único que se fixo foi facer algunhas pequenas modificacións para, segundo dicía na mencionada declaración de impacto ambiental, “unha correcta integración paisaxística da nova infraestrutura”. O BNG esixirá que se reconsidere a decisión proposta.
Outra das alegacións do BNG que parece que si a tomaron en consideración foi a referida a afastar un pouco cara u oeste o trazado da área recreativa do Carme. Non temos información suficiente sobre se aceptaron outras alegacións como as referidas a aumentar o número de pantallas acústicas ou a respectar as vías de comunicación, manantiais e fontes existentes no Concello.
O BNG solicitará, por todos estes motivos, toda a información precisa do documento aprobado e das alegacións rexeitadas e admitidas, así como unha valoración dos técnicos do Concello e dos redactores do Plan Xeral de Urbanismo que tamén participaran no seu momento nas alegacións do Concello de Foz ao trazado da Autovía. Ao mesmo tempo, instamos ao alcalde de Foz e ao Grupo de Goberno que faga unha valoración do proxecto aprobado e informe aos veciños e veciñas de cal será o trazado final e as afeccións máis salientables que terá sobre o noso concello.







A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.