A deputada Concepción Burgo lamenta que este caso “é unha mostra máis da manipulación informativa desde a chegada ao poder de Feijóo, que non ten outro fin que ocultarlle á cidadanía as críticas ao seu goberno e os incumprimentos dos seus compromisos, que teñen graves consecuencias sobre aspectos de máxima importancia como é, neste caso, a saúde da poboación”.
Os deputados do PSdeG-PSOE veñen de rexistrar dúas preguntas para a súa resposta oral e por escrito na comisión da CRTVG sobre a “censura” informativa da masiva manifestación organizada pola plataforma en Defensa da Sanidade Pública en Monforte o pasado sábado 16 de marzo, na que se esixía a paralización do decreto de creación dunha área sanitaria única na provincia de Lugo e a autonomía e mantemento do Hospital comarcal.
A deputada Concepción Burgo, presente na mobilización xunto con outros representantes socialistas, destaca que esta manifestación congregou en Monforte –vila que ten uns 15.000 habitantes- “a 9.000 persoas, contando co apoio de toda a hostalería e comercio, que pechou varias horas ese día, e de numerosas asociacións cidadás, partidos e sindicatos”. A noticia, lembra Burgo, “foi reflectida por toda a prensa galega cunha ampla cobertura, con medios e televisión de ámbito galego e tamén estatal, o que dá idea da súa importancia”.
“En cambio, e significativamente, a TVG, medio de comunicación público, non estaba cubrindo esta noticia e nos Telexornais de mediodía e do serán non se dixo nin unha palabra sobre o acontecido”, lamenta a socialista, que indica que “non é a primeira vez que se dan este tipo de situacións”, que xa sucedera tamén na multitudinaria manifestación desenvolvida en Monforte polo mesmo motivo en 2010. “É unha mostra máis da censura que leva poñendo en marcha a directiva da TVG dende a chegada ao poder do presidente Feijóo, e da manipulación informativa sistemática que se realiza nos informativos da Televisión de Galicia”, afirma a deputada, que recorda que esta manipulación “chega a uns niveis tan elevados que incluso foi denunciada polo Comité de Empresa da Compañía”.
O grupo parlamentario socialista considera “imprescindible que a dirección da CRTVG dea explicacións de esta nova manipulación, que non ten outro fin que ocultarlle á cidadanía galega as críticas que se están a facer a política do goberno do señor Feijóo e aos incumprimentos dos seus compromisos, que teñen graves consecuencias sobre aspectos da máxima importancia como é, neste caso, a saúde da poboación”. Por todo isto, Concepción Burgo esixirá unha explicaión sobre “as causas que motivaron este silencio informativo” do acto de Monforte. “Considera o Director Xeral da CRTVG que unha manifestación que congrega a 9.000 persoas e que consegue o peche de todo o comercio e hostalería de Monforte de Lemos, ademais do apoio de asociacións de veciños de toda a provincia de Lugo, de sindicatos e partidos políticos non ten a suficiente relevancia para ser noticia na Televisión de Galicia?”, pregunta a deputada, que quere saber se o Director Xeral da CRTVG “considera que é o seu deber censurar as noticias que reflicten as reivindicacións da cidadanía galega cando critican ao actual goberno”.




















O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



