Ribadeo, 26 de abril de 2013. A igualdade e a presenza da muller no deporte, na política e no ensino centrou na mañá de hoxe o concurso de guións radiofónicos Radiando Igualdade nos que están a participar os alumnos e alumnas de 1º da ESO do colexio Sagrado Corazón, de Ribadeo.
Nas entrevistas e mesas redondas desta mañá participaron as xogadoras do Burela FS, Jozaine de Olivera e Lidia Mesías, que lles contaron aos rapaces e rapazas o camiño percorrido para chegar a elite mundial do fútbol sala feminino. Tamén falaron do momento deportivo que están a vivir e amosáronse convencidas de poder quedar campionas de liga esta tempada.
Tamén acudiron a esta cita no colexio Sagrado Corazón a alcaldesa de San Tirso de Abres, María Goretti Quintana, o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, a vicepresidenta 2ª da Deputación de Lugo, Lara Méndez, e a responsable do Centro de Información á Muller, Luisa González, que analizaron a presenza da muller na política, que foi cambiando moito ao longo dos anos, aínda que todos coincidiron en sinalar que quedan cousas por facer para lograr a igualdade entre mulleres e homes a todos os efectos.
Nas entrevistas do concurso de guións radiofónicos Radiando Igualdade, que tiveron lugar esta mañá tamén participaron profesores do colexio Sagrado Corazón como Mª Carmen Rodríguez Cancelo ou Francisco Javier Rodríguez Veiga, o director da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo, Hugo García, e a porteira do centro, Esther Paz, que se centraron na presenza da muller no mundo do ensino, da música ou nas rúas de Ribadeo.
Os rapaces e rapazas que participaron nesta intensa mañá de análise posaron cos seus convidados e disfrutaron cos autógrafos e coas fotos que se fixeron coas xogadoras do Burela FS, ás que lles desexan moita sorte no tramo final e decisivo da competición que inician mañá.
A Concellaría de Igualdade e o CIM agradécenlles aos alumnos do colexio Sagrado Corazón o seu traballo e aos asistentes a súa participación nesta cita.






















O acto é aberto a quen queira participar neste recoñecemento. O grupo, con 80 anos de historia e formado por persoas de Figueras, Castropol, Vegadeo e Ribadeo, escolle este ano a Ribadeo para distinguir unha figura local, retomando a liña iniciada hai tres décadas con Luz Pozo Garza. As inscricións están abertas ata o luns 17 de agosto no número 680 13 24 24. Agárdase unha ampla participación.
Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



