– Alumnos da Escola de Imaxe e Son e profesionais da comunicación participan nesta acción formativa, que concluirá o mércores cunha sesión de 17:00 a 20:00 horas.
– As avogadas Mar Fernández e Montse Trillo, de Trillo e Asociados, e o profesor do Máster de Propiedade Intelectual da Universidade Autónoma de Madrid, Xabier Alonso, repasarán o contido do aparato legal que rexe o audiovisual.
Ducias de alumnos da Escola de Imaxe e Son (EIS) e de profesionais da comunicación participan dende onte no curso formativo Dereito no Audiovisual, organizado pola Fundación TIC en colaboración co Colexio de Xornalistas. As xornadas prolongaranse ata o vindeiro día 22 de maio, en sesións que se prolongarán desde as 17:00 a 20:00 horas, na sede da EIS. O principal obxectivo das xornadas é dar a coñecer en profundidade o contido do aparato legal que rexe tanto no eido audiovisual coma no ámbito de estudos dos alumnos da Escola e dos xornalistas en exercicio da nosa provincia.
O curso arrincou hoxe coa sesión ofrecida por Mar Fernández Romero, avogada en exercicio especializada en Dereito Constitucional. Durante a mesma, Fernández asegurou que “é vital que os profesionais en activo e os estudantes saiban cales son os dereitos e os límites a ter en conta no exercicio da súa profesión”.A letrada fixo unha achega ó dereito á honra, intimidade e imaxe nos medios de comunicación, así como ós limites e liberdades destes dereitos. Os dereitos de autor e propiedade intelectual, o rexistro de obras ou as posibles infraccións foron outros temas que abordou na sesión e que tiveron especial interese para os alumnos da EIS.
Este martes, novamente en horario de 17:00 a 20:00 horas, Montse Trillo, docente especializada e avogada en exercicio, abordará os contratos de produción, distribución e licencias de emisión. O réxime xurídico das televisións e radios de carácter público e a regulación da publicidade nos medios serán outros dos temas que analizará na sesión.
A última sesión, o día 22, correrá a cargo de Xabier Alonso, profesor convidado na Universidade Autónoma de Madrid para impartir o Máster sobre Propiedade Iintelectual, creador e director do proxecto “Illa do Pensamento” e consultor e produtor de eventos culturais. Na súa intervención, Alonso centrarase na posición xurídica do organizador de espectáculos: os contratos precisos, cláusulas chave, contratos de artistas e músicos e posibles puntos de colisión ou as singularidades da contratación de espectáculos polas administracións públicas.
Actividades complementarias
O curso Dereito no Audiovisual enmárcase no plan de formación complementaria que a Fundación TIC oferta ó seu alumnado e ós seus traballadores. Entre elas, figuran a asistencia a empresas do sector audiovisual, festivais de cine ou teatro, e todos aqueles acontecementos que, segundo o Departamento de Formación da Fundación TIC, axuden a completar a formación do alumnado, dos técnicos e dos docentes, como asistencia a rodaxes ou master classes de recoñecidos profesionais do mundo audiovisual.























A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Estiveron organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofreceron tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).