Foz acollerá o VI Campus de Patinaxe Artística dende o 24 ata o 28 de xuño en horario de 10.30h a 19.30h.
Un ano máis a Asociación Escolas do Deporte e o Concello de Foz organizan este campus dirixido aos rapaces de 5 a 16 anos de toda A Mariña para que poidan desfrutar deste deporte nos niveis de iniciación e perfeccionamento xunto a unha serie de actividades complementarias lúdico-deportivas para que os participantes, ademais de formarse, desfruten das praias, de actividades de natureza, excursións culturais e actividades de animación.
O prazo de inscrición xa está aberto e xa se poden entregar as follas de inscrición en Activity Center Burela. O derradeiro día para poder anotarse é o 16 de xuño e as prazas son limitadas.
A organización habilitará, coma en anos anteriores, un autobús gratuito que percorrerá A Mariña para trasladar aos participantes que así o necesiten.
Esta é a sexta edición dun Campus de Patinaxe Artística que é o máis importante da provincia de Lugo e ocupa un lugar destacado a nivel autonómico. O número de participantes é moi alto sobre todo se temos en conta que non se trata dunha práctica deportiva tan extendida como poden ser outras tales coma o fútbol ou o baloncesto por exemplo, pero que na nosa bisbarra ten unha afición en ascenso ano tras ano tamén nas Escolas Deportivas de distintos Concellos da Mariña.
Se desexan máis información, poden poñerse en contacto coa organización no teléfono 636 50 41 55, no email campuspatinaxeartistica@gmail.com ou en Activity Center (Avda. do Perdouro, 35 Burela). Ademais na web www.activitycenter.es na sección de noticias (NEWS) pódese descargar a folla de inscrición.











A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
