Lugo, 17 de xuño de 20130. A Deputación de Lugo urxe ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a convocar unha xuntanza inmediata para consensuar o cofinanciamento dos servizos sociais en todos os concellos da provincia e da posta en marcha de políticas activas de emprego. Así o manifestaron Mario Outeiro, delegado de Cultura e Turismo, e Pilar Porto, delegada de Economía, Recadación e Facenda do ente provincial, despois de que a Deputación fora convocada para mañá, martes 18 de xuño, á sinatura do convenio de servizos sociais e políticas activas de emprego, sen que este fora negociado e consensuado previamente entre ambas partes.
Outeiro denunciou que “o Partido Popula non está disposto a dialogar coa Deputación de Lugo sobre temas tan sensíbeis como a cofinanciación de servizos sociais e comunitarios municipais e a contratación de traballadores e traballadoras en paro” e explicou que “a pesar de que se celebraron xuntanzas entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galiza e a Deputación, estes encontros foron infructíferos no senso de que o Goberno galego enviou a representantes sen capacidade negociadora e sen capacidade para tomar decisións.”
Durante a rolda de prensa celebrada esta mañá, Outeiro e Porto recordaron que “o ano pasado a institución luguesa presentou varios informes técnicos con alegacións aos borradores dos convenios que remitiu a Xunta, solicitamos, ata en 7 ocasións unha resposta aos mesmos, pero nunca nos respostaron e iso supuxo que quedasen sen asinar estes convenios e que os lucenses recibisen cero euros para servizos sociais e emprego da administración galega. Pola contra, coruñeses, ourensáns e pontevedreses recibiron máis de 13 millóns de euros porque Feijóo si dialoga coas súas deputacións”.
“A Xunta -puntualizou Mario Outeiro- antepón os seus intereses partidistas aos de milleiros de lucenses que están a ser discriminados en función do número de habitantes do seu concello. Co convenio proposto consolídase o trato de favor que están a recibir as outras provincias e a marxinación que están a padecer os lucenses dos concellos con menos de 20,000 habitantes, que son todos agás a capital da provincial, e que quedan sen servizos sociais e políticas activas de emprego.”
Desde a Deputación recórdase que en 2012 a institución asumiu servizos como a Axuda no Fogar básica, servizos comunitarios ou escolas infantís, cuxas competencias pertencen á Xunta de Galiza pero das cales se desentendeu traspasándollas ás deputacións sen que, polo menos no caso de Lugo, foran acompañadas de partidas orzamentarias especiais.
Neste senso, Outeiro recalcou “o nulo compromiso do Goberno galego cos lucenses.” Actitude que contrasta co esforzo económico que está a facer a Deputación lucense para garantir servizos sociais vitais para o pobo. Só en Servizo de Axuda no Fogar básico, a área de Benestar Social dedicou en 2012, 600,000 euros e neste ano está previsto un investimento de 650,000 fronte aos cero euros aportados pola Xunta. Non é de recibo que a Deputación invista 2,2 millóns de euros en servizos sociais e que o Goberno galego, cun orzamento 100 veces superior ao do organismo provincial, achegue cero euros.”
Pola súa banda, Pilar Porto explicou que xa foi enviada unha carta ao presidente Feijóo “trasladándolle esta petición de xuntanza e demándolle que dea o mesmo trato ós lucenses que ao resto de cidadáns de Galicia. Queremos que se reúna con esta Deputación, ao igual que fixo cos restantes organismos provinciais, tal e como deron conta os medios de comunicación, para, en base ás necesidades dos lucenses, acordar o financiamento que debe conceder cada administración para garantir os servizos sociais e as políticas activas de emprego. Queremos dialogar e buscar consenso”.
Un dos asuntos “prioritarios” que quere tratar a Deputación nesta reunión urxente que solicita ao Presidente da Xunta é a creación dun convenio de colaboración para servizos sociais e outro para políticas activas de emprego, tendo en conta que a Xunta unifica ambas as dúas materias nun único texto. “Creemos que é fundamental diferenciar ambas as dúas cuestións, e máis neste momento de crise, coa maior tasa de paro na historia e cos recortes dos Goberno Central e Autonómico que debilitan o noso Estado do Benestar, para consolidar estas prestacións ós veciños” – concluíu Pilar Porto.











Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.