Ribadeo, 17 de xuño de 2013. A praia dos Bloques contará cunha pasarela de madeira para facilitar o acceso a persoas discapacitadas e tamén se mellorará o acceso á praia de Rocas Blancas colocando un paso que una o remate da beirarrúa do paseo marítimo coa senda peonil que vai a ese areal. Os anuncios facíaos o alcalde, Fernando Suárez, esta mañá. O rexedor tamén manifestou que o Concello vai sacar a concurso a instalación dun posto de venda de lambetadas nas inmediacións do ascensor panorámico de Ribadeo. A empresa que alí se instale deberá ofrecer información turística aos visitantes e encargarse da limpeza do ascensor e da súa apertura e peche durante o verán.
Suárez Barcia sinalaba que “desde o Concello seguimos planificando pouquiño a pouquiño toda a temporada estival, que afortunadamente nos últimos anos lle está dando moi bo resultado a Ribadeo, desde o punto de vista de que sempre ben moita xente. O fenómeno das Catedrais atrae a moitos turistas e Ribadeo ten unha singularidade propia dentro do que é o turismo galego e brilla con luz propia”. O alcalde dixo que “no que ten que ver coas praias, incluso atendendo algunha petición do grupo Upri que o outro día no pleno nos indicaba que deberíamos ter en consideración ás persoas discapacitadas para que poidan acceder a praias, estivemos falando co Servizo Provincial de Costas e vamos proceder a poñer unha pasarela de madeira na praia dos Bloques, na parte final onde está á area desa praia pequena, para que se poida acceder a través dunha cadeira de rodas”. E engadiu que “tamén se van facer outras actuacións de mellora no paseo marítimo do Faro, do Cargadeiro, no que vai á Illa Pancha. Incluso ao final, no encontro xa co acceso á praia de Rocas Brancas, queremos poder facer un paso alí para que se poida acceder con comodidade e seguridade. Será un paso que unirá a beirarrúa do paseo co acceso peonil a ese areal”.
O rexedor de Ribadeo indicou que “ao mesmo tempo destas pequenas actuacións estamos á espera de que a Xunta nos confirme o número de socorristas que nos vai conceder neste 2013, que espero sexa superior aos destes últimos anos dado que as necesidades que Ribadeo ten na praia das Catedrais son inmensas e todo o que viñan dando non cubría nin a metade do que necesitamos”.
Fernando Suárez Barcia tamén relatou que “aparte disto tamén vamos propoñer unha pequena actuación no ascensor panorámico, que durante todo o ano pero sobre todo na época estival non para de subir e baixar cos visitantes que o frecuentan e que nos xera uns custes elevados de limpeza e de mantemento. O que queremos facer é compensar eses gastos a través dun pequeno concurso que vamos sacar; a partir de hoxe vai estar publicado na web do Concello, no taboleiro de anuncios durante 8 días concretamente, para autorizar un espazo de uso de dominio público para a explotación cunha caseta para vender lambetadas, refrescos, xeados, etcétera na zona do ascensor panorámico na Atalaia e no paseo marítimo. Polo tanto a persoa ou a empresa que gañe este concurso que vamos sacar agora a licitación terá tamén que comprometerse a ter unha información turística de Ribadeo e sobre todo, porque é unha cousa que consideramos moi importante, a facerse cargo de limpeza, do mantemento, da apertura e do peche para que o ascensor estea durante todo o verán nunhas condicións óptimas, dado que é un lugar moi visitado por moita xente que vén a Ribadeo”.












Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.