A Asociación Saíñas de Xove organiza, por terceiro ano consecutivo, para a noite de San Xoán (do 23 ao 24 de xuño) unha cacharelada no Lugar do Puxigo, en Xove. É o mesmo sitio onde se organiza a sardiñada do San Bartolo. Haberá gaiteiros e cantareiras animando a xornada que tamén constará dunha cea con chourizo, panceta pan e bebida por un prezo de 5 euros. O prato forte antes do acendido da cacharela será unha queimada popular gratuíta.





















Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



