Cervo, 6 de xullo de 2013-O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, reuniuse este venres 5 de xullo con varios representantes da Comisión Veciñal en Defensa da Sanidade de Cervo para falar dos centros de saúde do municipio. Unha xuntanza que se produce a petición desta entidade despois de que o pasado xoves varios membros da comisión irrompesen espontaneamente na Casa do Concello e, sen previo aviso, reclamasen unha reunión co rexedor mentres el se atopaba noutra xuntanza en Lugo.
Ao mesmo tempo o primeiro edil asegurou que “neste Concello toda petición de reunión solicitada por unha persoa ou un colectivo é atendida” e neste caso a xuntanza levouse a cabo de forma inmediata, ao día seguinte da súa solicitude.
Nese encontro, Villares entregoulles aos responsables da Comisión unha documentación na que se incluían as cartas enviadas pola Xerencia do Hospital ao Concello, nas que constan as múltiples peticións do rexedor para manter o cadro médico de ambos centros de saúde. Ademais, os asistentes puideron comprobar que o acordo plenario no que a corporación aprobou instar á Xunta a continuar cos catro facultativos foi enviada por urxencia a esa administración.
Ademais, Villares quere deixar claro que a decisión “foi tomada pola Consellería de Sanidade e nós, dende o Concello e eu como alcalde xa fixemos público o noso desacordo e así llo manifestamos á Consellería de todas as formas posibles” ao igual que “lle temos transmitido que dende o Concello imos velar pola calidade na prestación da atención sanitaria nos dous centros de saúde”. Un compromiso que xa fixera público no seu momento, cando o Sergas lle denegou ao rexedor a súa petición de manter o mesmo número de médicos que ata o de agora, unha reclamación na que si conseguiu que Sanidade accedese a manter os dous centros de saúde abertos.

























Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.



